martes, 26 de marzo de 2024

PASCUA

 Rematamos o trimestre celebrando os XXOO de Pascua  cunha búsqueda do tesouro organizada polo Departamento de Inglés. E sabedes unha cousa? o mellor de todo é que gañamos todos porque pasámolo xenial! 








NÓS




A fábrica de nubes

Algunha vez observaches as nubes e xogaches a atopar formas e/ou figuras? Nos sí, fixémolo despois de "ler" A fábrica de nubes, un álbum de imaxes que esperta a nosa curiosidade...








As Phryges

 Coñecimos ás Phryges, as mascotas dos XXOO de París 2024. Despois de buscar parecidos averiguamos que se trataba de dous sombreiros (gorros frigios, para ser máis concretos) e descubrimos detalles moi importantes como a bandeira de Francia e que non son iguais, unha é a mascota das paraolimpiadas. Velaiquí tedes as nosas obras! 






lunes, 26 de febrero de 2024

martes, 13 de febrero de 2024

Ola, cómo estás?

 Estivemos a traballar coas nosas imaxes para elaborar a nosa versión do libro: "Hola, cómo estás?" de Amaia Arrazola. Agora forma parte da nosa biblio de aula: encántanos velo e compartir unhas risas! 




Entroido

 O Entroido deu para moito!


Preparamos os nosos disfraces...


trouxemos os mandadiños do Meco...


puxemos o noso mellor disfraz


e, por último, fomos a esquiar!!

e, por suposto, demos boa conta da chocolatada!!

Feliz Entroido 2024!!