sábado, 12 de marzo de 2022

Os vermiños

Practicamos as destrezas de recortado con tesoiras e pegado cunha actividade creativa: recortar vermiños e colocalos na herba. Temos moito que practicar! 😄



8M 2022



O 8M continuamos traballando arredor da artista Yayoi Kusama. Sabiades que Yayoi foi víctima do machismo e do racismo ao longo da súa carreira? Pois sí! Está demostrado que compañeiros artistas plaxiaron as súas obras e o feito de ser xaponesa non lle abriu precisamente as portas das galerías de arte en Nova York. Quixemos lembrarnos dela nun día tan especial reinterpretando a modo de colaxe o retrato que dela fixo a artista Coco Dávez. 




Tamén participamos no mural colaborativo do cole 
cun mural sobre Yayoi. Cada un de nós fixo algo, así podemos dicir que é de tod@s!




O NOSO HORTO

 O noso horto segue a medrar!! 

Como podedes comprobar nestas imaxes os nosos sementeiros de xirasoles xa teñen prantiñas e os nosos esquexes xa comezan a botar raiz! 

Cando a climatoloxía nolo permita plantaremos no horto da escola 🤗




CONSTRUÍMOS AS VOGAiS COS NOSOS CORPOS!!












 

sábado, 5 de marzo de 2022

Nova aula de Psico

Aquí vos deixamos algunhas imáxenes na que podedes apreciar a nosa marabillosa nova aula de Psicomotricidade 🤗