miércoles, 23 de junio de 2021

ATA SEMPRE ❤️

 


Letra e música: Lúa Mosquetera e Pablo Seijas.

CELEBRAMos os ANivERsARios Do vERÁN

 Celebramos os aniversarios de verán. 

PARABÉNS!! 

Berta, Martín, Nuno e Juan, 

que aínda que ese día non puido estar con nós, 

tamén nos lembramos del 😍






viernes, 18 de junio de 2021

O BosQUE Dos AMiGos

Despois de ver na pantalla da clase todos os misterios que Agustín Ibarrola foi deixando no máxico Bosque de Oma para deleitar aos camiñantes, puxémonos mans á obra para  crear o noso propio bosque, para o cal eleximos mediante votación democrática o nome de “O bosque das amigas e dos amigos”. 



ANivERsARio DE CANDELA

CANDELA estivo de aniversario: 6 votas ao sol XA!! 
E celebrámolo soprando
 para que os seus soños se convirtan en realidade ❤️



 

jueves, 17 de junio de 2021

Saída de fin de curso

O pasado martes fixemos unha saída ata o campo de fútbol da USC para participar nas diferentes actividades propostas polo Club Deportivo Santa Marta. 



sábado, 12 de junio de 2021

Debuxamos coas regretas

O traballo con regretas ou números de cor pasa tamén por experimentar con elas de xeito libre. Aquí tedes dous exemplos de “debuxo” con regretas fantásticos feitos por dúas compañeiras.




As nosas esculturas



A profe Salomé ensinounos e inspirounos para elaborar as nosas esculturas feitas con papel de aluminio. Que vos parecen? Alucinantes, non si?







O sentido da vista

 Antes de realizar unha actividade impresa para materializar o aprendido sobre os órganos da vista, decatámonos por casualidade do simpáticos que estabamos ao poñer a foto dos nosos ollos por diante da cara. Aquí estamos! Rimos moito de vernos tan simpáticos!




Saída á contorna

Fixemos unha saída lúdica aproveitando o bo tempo 

ao parque próximo á escola.

 Pasámolo XENIAL!!