viernes, 31 de diciembre de 2021

PANXOLIÑA

O equipo do Quiroga Palacios desexámosvos 
unhas Felices Festas e un Feliz Aninovo! 


 

Recomendacións lectoras da BiBlioteca de LOLO 🐙



 O Equipo de Biblioteca do noso cole recoméndavos as seguintes lecturas, non esquenzades poñer algunha na vosa carta aos Reis!

viernes, 24 de diciembre de 2021

PREPARAMOS O NADAL

Traballamos arreo para preparar o Nadal, as postais e os adornos, a continuación tedes unha mostra... A profe Paula, que nos acompañou como mestra de prácticas elaborou este fermoso video de agradecemento no que resume todo o que traballamos neste primeiro trimestre. 


E con esta foto da despedida da profe Paula 

queremos desexarvos:

MOI BO NADAL!! 

O ANIVERSARIO DE MARTÍN

 Martín celebrou o seu terceiro aniversario!

PARABÉNS, MARTÍN!! 




O 25 N



Conmemoramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller realizando unha chea de actividades:

- Lemos o conto Xela volveuse vampira e aprendemos a fermosa poesía que aparece nel. 


"Non lle grites,
non lle pegues,
se fas iso
non a queres.

Á miña avoa,
unha aperta.
Á miña nai,
bicos de festa. 

Á miña amiga
se vén,
un cantar
que saiba a mel"


- Tivemos contacontos durante toda a semana: Rosa Caramelo, Arturo e Clementina, O libro dos porcos...

- Elaboramos un mural colectivo xunto cas compañeiras e compañeiros de 3 anos A co que pretendemos dar a coñecer o proxecto El latido de las mariposas, que nos agasallou cunhas fermosas bolboretas de crochet. 



- E elaboramos un traballiño individual para plasmar e lembrar todo o aprendido. 



O MONSTRO ROSA

E xa podemos amosarvos o truco de maxia 
que aprendimos coa axuda do 
MONSTRO ROSA!!


 

miércoles, 8 de diciembre de 2021

GRAFISMO EN 3 ANOS

Traballamos o grafismo con distintas técnicas e materiais plásticos, e facémolo sempre mediante o xogo. 





lunes, 6 de diciembre de 2021

MONSTRO ROSA

Estamos a preparar o noso Monstro Rosa e cedo o levaremos para a casa cun truco de maxia que aprendemos. 



 

Os cARAcois

Estamos a experimentar coa plastilina, xa sabemos facer "churros" e aproveitamos para facer unha figura moi sinxela: O CARACOL e levarnos para a casa un fermoso imán de nevera. 




E algúns e algunhas xa amosan interese polo propio nome e aproveitan os churriños para facer as súas letras. 
Noraboa, Lía! 

DE AQUÍ AL INFINITO




Estamos a empregar no noso proxecto un libro titulado "Yayoi Kusama: De aquí al infinito" que vos recomendamos para coñecer máis cousas sobre esta artista. 


Na aula tamén visionamos un video de Youtube 
que queremos compartir con vós: 


En Youtube podedes atopar moitos vídeos para nenos e nenas sobre a figura de Yayoi, de seguro que esta enigmática artista desperta o voso interese e ganas de investigar.