jueves, 30 de abril de 2020

MisiÓns do VenRes

Misión 1:


Seguro que ti, ao igual que Wangari tes un montón de boas ideas, todas elas para construir un mundo mellor. As ideas son como lámpadas que de súpeto se acenden e ás veces son fugaces, tal como aparecen esquéncensenos. Por iso, qué che parece se fabricamos o noso frasco de ideas? así poderás escribilas e/ou debuxalas e as terás a man para cando precises poñelas en práctica. 


Misión 2: 
Aproveita cando saias de paseo para recoller tesouros da natureza: pedras, paos, folliñas... ímolos precisar 💡


MiSións do XoVes

MisiÓn 1:
Despois de ver o video dos animais da sabana imos facer dúas listaxes. Nunha listaxe imos escribir o nome dos animais que aparecen no video e na outra escribiremos os nomes doutros animais da sabana africana que non aparecen no video. Contaremos os nomes para saber qué listaxe ten máis e anotaremos o número para non esquencernos. Despois, debuxaremos os animais; podemos debuxalos todos, só os que máis nos gusten ou o noso favorito.

MisióN 2: 
Imos construir o noso tambor africano. Precisamos: un círculo de cartón, un pao, un anaco de cordel, fío ou lá e un par de abalorios (se non temos eu empreguei un par de bolas de plastilina). Déixovos a foto para que vexades a montaxe. Xa veredes o divertido que é facelo soar 😁 E non esquenzades decorar ao voso gusto!!

AniMaiS da SabaNa AFricaNa LSE

Posto que últimamente estades viaxando moito a África, a profe Tareixa déixanos un video para que aprendamos cómo se din os nomes dos animais da sabana en LSE. Agora... a practicar!! 


miércoles, 29 de abril de 2020

Os vErmeS de Seda

Ramón e a súa familia amósannos con estas fotografías cómo os vermes de seda xa están chegando á fin do seu ciclo vital: despois de “confinarse” no casulo sae a bolboretiña. 
No seguinte video podedes observar cómo sae a bolboreta do casulo: 


MOITÍSIMAS GRAZAS RAMÓN E FAMILIA por estes marabillosos documentos!! 👏🏽👏🏽😍






Os nOsOs NomEs






AfriCan@S


BOSCO, CARLA E RAMÓN 
xa chegaron a África!! 👏🏽👏🏽




Os NosoS ElMer







ConTos inFinitOs aTa o inFiniTo

O conto infinito de Bruno 😍


Resistiré LSE

Un grupo de alumn@s e pais do centro animouse a versionar o RESISTIRÉ. Así dá gusto!!



MiSióNs do MércOres

MisiÓn 1: 
Seguimos a viaxar por África e aproveito para lembrarvos unha canción que a profe María publicou no blogue da súa aula PEQUECHOS NA NUBE. É unha canción africana, unha canción motora, que aúna música, voz e movemento e titúlase KOKOLEOKO.




A profe Isa aprendeu, cando estudaba para mestra, unha canción hawaiana que máis tarde versionaron os Cantojuegos, titúlase EPO I TAE TAE


Sabedes algunha canción que se acompañe cos xestos? Animádevos a compartila con tod@s!! 

MisiÓn 2: 
Aproveitando que os mércores son días de Psico, a profe Lucía déixanos un reto:
 A MARIOLA AFRICANA.
Practicádea tal como podedes ver no seguinte video e enviade o voso propio video para que poida facer unha montaxe con todas aquelas persoas que desexen participar. Pode participar toda a familia. É moooi divertido (eu xa participei 🤫). Tedes que enviar o voso video ao seguinte enderezo electrónico:
maildeluciapeixoto@gmail.com

Non esquenzades poñer o voso nome e o curso: 4ANOSB
Podedes lucir os vosos adornos africanos. Ánimo e a desfrutar!!



martes, 28 de abril de 2020

AdOrnoS aFriCanoS


E para mesturarnos coas tribus africanas teremos que adornar o noso corpo coma eles: máscaras, brazaletes, colares... son doados de facer (pratos de cartón, rolos de papel hixiénico...) e moi vistosos. Lembrade que agora xa sabedes facer tramas, debuxar infinidade de trazos... Podedes engadirlle lás, plumas, escarvadentes, pedriñas... E TODO O QUE SE VOS OCORRA!!




MarTes de PsiCo


Hoxe viaxamos a África coa profe Lucía. 
Ides vivir un montón de aventuras e demostrar a vosa valentía 
para coñecer o lugar e facer nov@s amig@s. Ánimo!! 


lunes, 27 de abril de 2020

O MELLOR MOMENTO



CartEis paRa a Nosa BiBlio

Ollade qué marabillosos carteis para acompañar as nosas lecturas 😍😍😍







Máis ConTos inFiniTos





FeliCitaciÓn pAra CarLa


MiSióNs do LunS

Misión 1: 
Lembrades a Elmer? o seu corpo está composto por cadradiños de cores. Seguro que a vós se vos ocorre outra trama para encher a súa silueta: raias, estrelas, flores... Déixovos exemplos pero lembrade poñer a funcionar a vosa creatividade 😉


Misión 2
Podemos escribir con lápices, rotuladores, ceras... pero tamén cos dedos das mans podemos representar as letras, co corpo e con obxectos do máis variado. Imos escribir o noso nome e o das persoas que viven con nós con materiais que atopedes pola casa. 




domingo, 26 de abril de 2020

A PASEAR!!

                                          Ilustración: Anna Llenas

“No esperes tenerlo todo para disfrutar de la vida,
ya tienes la vida para disfrutar de todo”
DESFRUTÁDEO!! 


MotiVos pAra CeleBrAr

NOVA IMPORTANTE PARA A FAMILIA NENÚFAR!! 👂🏻👀


NORABOA!! 🎊🎉🎊🎉
Esa irmá maior cómo mola!! merécese unha olaaaaaaaa!! 🎵🎶

A CaiXa da CalMa II

Hoxe imos ver máis elementos que podemos engadir á nosa caixa da calma:
Pelotas antiestrés: 

son as mesmas que se usan para facer xogos malabares, así que animádevos a facer máis de unha e teredes a diversión garantida. Precisamos: lentellas ou arroz, globos e tesoiras. Se temos un funil podemos axudarnos con el. Déixovos titorial por se tedes dúbidas. 


Botellas sensoriais:


Procurade que non sexan de vidrio para eliminar perigos. Podemos aproveitar aqueles materiais que teñamos na casa para enchelas: ademáis da auga pódese usar cola transparente, glicerina... para dar consistencia ao líquido; eu recomendo gomina e auga. En todo caso, lembrade pechar moi ben a botella e precintala convintemente para evitar accidentes. @ nen@ ten que estar ben avisado, a botella é para ver e manipular, nunca tentar abrila e moito menos meter na boca ou nariz. Dentro podemos introducir multitude de elementos: gomas elásticas de cores, pompóns de cores, purpurina, pequenas letras ou números de plástico ou madeira...  Tamén podemos axudarnos dos colorantes alimenticios para tinguir a auga.

Música: podemos engadir algún instrumento ou obxecto musical como pode ser unha campaíña, axoúxere, caixa de música...



sábado, 25 de abril de 2020

A caiXA dA CaLMA

Seguro que estades un pouco nervos@s estes días. Lembrades o que facemos no cole cando estamos nervos@s? Imos ao renuncho da calma e alí pásasenos todo!


Como seguramente non todos vós teñades suficiente espazo na casa para un recuncho da calma, o que sí podemos facer é crear a nosa CAIXA DA CALMA, ocupará menos espazo e ademáis poderemos transportala cando queiramos. Parécevos?

Precisaremos unha caixa (de cartón ou reixa da froita) á que iremos engadindo os elementos precisos, pero non vos preocupedes porque iremos elaborando pouco a pouco. Hoxe a nosa misión será buscar unha caixa xeitosa que imos decorar ao gusto de cada un. Escribiremos nela: CAIXA DA CALMA, para tela ben identificada 😉


Outras cousiñas que xa podemos ir engadindo son: un peluche que nos tranquilice, ese libro que nos gusta ler e reler unha e outra vez, uns anacos de plástico de burbulliñas para estourar, unhas mandalas para colorear...
Mañán, cando saiades a dar o voso paseo, podedes recoller unhas pedras bonitas (lembrade facelo ben provistos de luvas e pedirlle aos papás que as desinfecten axeitadamente ao chegar á casa) e decoralas pintando un corazón, espirais ou labirintos. Podedes pintadas con rotuladores ou temperas. É moi tranquilizador poder pasar o dedo por elas.


Iremos engadindo novos elementos que sei que vos han gustar!

RecOMendaCiónS paRa A saÍda ao ExteriOr

Como xa saberedes, a partir de mañán podedes saír á rúa a dar un paseo, pero temos que facelo con precaución, para que teñades moi claro o que poderedes facer unha vez na rúa, vou enviarlle por correo aos papis as recomendacións do Oso Goloso. Facede o que vos aconsella e poderedes desfrutar de agradables paseos sen inconvintes 🤗

viernes, 24 de abril de 2020

Misión dO VenrEs

Xa para rematar esta semana adicada aos libros propóñovos crear o voso conto infinito. Déixovos o titorial para que vexades cómo se fai e o meu. Agardo que vos guste 🤗




jueves, 23 de abril de 2020

SIMA cumpre 5 ANOS!!


Hoxe SIMA comeza a súa volta ao sol número 5, 
mandámoslle os tironciños de orellas de arriba a abaixo e de abaixo a arriba,
fortes e suaves... 🤣 FELIZ ANIVERSARIO SIMA!!!🎂

Día do LiBro

Hoxe é o Día do Libro 


e o mellor regalo que lle podemos facer aos libros é lelos. Por iso hoxe a nosa misión máis importante é LER e ver todos os vídeos que o equipo de biblioteca do cole recompilou no blogue da biblio, déixovos o enlace 


“Lo importante no es que un niño comience a leer con cuatro años,
lo importante es que siga leyendo con cuarenta”.
                                                                             Toni García Arias

     
                               Ilustración: Noemi Villamuza

MisiÓn dO xoVes

Hoxe a mestra Tareixa déixanos un video para aprender as cores en lingua de signos. 


Xa sabedes cómo se signa cada cor? Pois a ver se sodes quén de colorear a Elmer. Ollo! 🧐 cada número corresponde a unha cor... serás capaz de resolvelo?



miércoles, 22 de abril de 2020

Os noSos LibrOs

E así van quedando os nosos libriños 🤗







Samuel, o irmán de Sabela, tamén se animou cun libro 
cunha das nosas temáticas favoritas: os monstrOOooosssS! 


MisiÓns dO MérCorEs

Misión 1:
Candela propón unha misión que consiste en elaborar un teléfono con dous vasos de iogur e un cordel ou fío. Cóntame que a ela e a súa mamá estálles a resultar moi útil cando mami está teletraballando nun cuarto e ela facendo as súas tarefas en outro. Se non vos resulta útil, cando menos sí vos resultará divertido, animámosvos a facelo. Lembrade ☝🏽para que o teléfono funcione correctamente o fío ten que estar tenso, é a maneira de que as ondas sonoras poidan viaxar a través del 🤗



Misión 2: 
Como xa sabedes, este xoves vai ser a gran festa do libro e en máis dun sitio é tradición agasallar ás persoas que queremos cun libro e unha rosa. O do libro... estamos niso, elaborando o noso propio, así que fáltanos a rosa. Déixovos unha maneira moi doada, precisamos: papel, lápis, tesoiras e unha pinga de cola.

Paso 1: 
Debuxamos un círculo no papel e recortamos. 
Canto máis grande o círculo, máis grande o tamaño da flor. 


Paso 2:
Dámoslle a volta ao círculo e debuxamos unha espiral -bastante folgada- dentro do noso círculo e recortamos. 
Se @ nen@ é zurdo a espiral trazaráse de esquerda a dereita, para facilitar o recorte. 


Paso 3: 
Volteamos de novo e imos enrolar dende o extremo exterior ata o centro. 


Paso 4: 
Poñer unha pinga de cola no remate, ese vai ser o centro da nosa flor. Pegar. 


 E xa temos a nosa rosa lista para acompañar ao noso libro!! 
Podedes pintala, poñerlle o talo, follas...é a vosa rosa!!