domingo, 26 de abril de 2020

A CaiXa da CalMa II

Hoxe imos ver máis elementos que podemos engadir á nosa caixa da calma:
Pelotas antiestrés: 

son as mesmas que se usan para facer xogos malabares, así que animádevos a facer máis de unha e teredes a diversión garantida. Precisamos: lentellas ou arroz, globos e tesoiras. Se temos un funil podemos axudarnos con el. Déixovos titorial por se tedes dúbidas. 


Botellas sensoriais:


Procurade que non sexan de vidrio para eliminar perigos. Podemos aproveitar aqueles materiais que teñamos na casa para enchelas: ademáis da auga pódese usar cola transparente, glicerina... para dar consistencia ao líquido; eu recomendo gomina e auga. En todo caso, lembrade pechar moi ben a botella e precintala convintemente para evitar accidentes. @ nen@ ten que estar ben avisado, a botella é para ver e manipular, nunca tentar abrila e moito menos meter na boca ou nariz. Dentro podemos introducir multitude de elementos: gomas elásticas de cores, pompóns de cores, purpurina, pequenas letras ou números de plástico ou madeira...  Tamén podemos axudarnos dos colorantes alimenticios para tinguir a auga.

Música: podemos engadir algún instrumento ou obxecto musical como pode ser unha campaíña, axoúxere, caixa de música...



No hay comentarios:

Publicar un comentario