sábado, 24 de octubre de 2020

LA HaBiTAcióN INFiNiTA

 Continuamos a traballar na figura de Yayoi Kusama. Elaboramos as nosas “gafas Yayoi” para comprobar cómo Yayoi percibía a realidade e elaboramos a nosa propia habitación infinda, empregando as combinacións de cores que Yayoi adoitaba utilizar nas súas creacións. 





Tamén no recuncho de Expresión Artística estamos a versionar con acuarelas o retrato de Yayoi da artista Cocó Dávez. Agardamos amosarvos a nosa exposición pronto. 





MoDELAMos

Todos os días, cando chegamos á escola e mentres van chegando o resto d@s compañeir@s collemos a nosa plastilina e traballamos no reto do día. Esta semana tocou modelar os números 5 e 6 e o noso corpo. Comprobamos que ao practicar a diario imos perfeccionando a nosa técnica. 




COVIDITA

Temos o pracer de presentarvos a Covidita. Xunto co seu bo amigo o Dragón Sabichón encárgase de lembrarnos todos os días qué medidas debemos levar a cabo para loitar contra o coronavirus. Covidita non ten que levar mascarilla porque de pequena cae nunha poción máxica que tiña o antídoto do coronavirus pero lémbranos o importante que é levala ben posta así coma limpar os pés e lavar as mans, ficar na casa se temos síntomas, comprobar a febre antes de vir ao cole...



ANivERsARio de BoscO

 Celebramos o aniversario de Bosco. 

PARABÉNS!! FELiZ VOLTA AO SOL!!





sábado, 17 de octubre de 2020

O ANivERsARio DE ADRiÁN

Adrián completou a súa volta ao Sol número 5 e acompañámolo neste día tan importante debuxando os nosos bos desexos... 



Aniversario con MONSTRUOSA SORPRESA!!! 



Os Nosos FRANkENsTeiNs

 Inspirándonos unha vez máis na obra de Susana Blasco elaboramos un colaxe coas caras dos membros do noso equipo. O obxectivo era reflexionar sobre as nosas diferencias  e semellanzas e vaia se o acadamos. Fixámonos en todo iso que todos temos pero que á vez son diferentes de uns a outr@s e valoramos a diversidade como algo positivo e divertido. De feito, os nosos colaxes convirtíronse nas nosas criaturas, algunhas sen nariz, outras con dúas bocas, outras picassianas cun ollo máis arriba ca o outro... pero todas válidas, divertidas e marabillosas!! 









MiNi-PRoxEcTo YAYOI KUSAMA




Continuamos traballando o grafismo de xeito creativo e isto dou pé a falar do puntillismo, dos puntos saltamos aos círculos e de aí a Yayoi Kusama, a artista xaponesa viva máis importante e unha das artistas contemporáneas vivas máis relevantes. 



Os seus característicos puntos (aparecen nas súas obras dende moi xoven) son a representación artística das alucinacións que sufriu durante anos.


Plasma os seus episodios psicóticos mediante as cores e as formas.
Yayoi leva 37 anos vivindo nun hospital psiquiátrico no Xapón por vontade propia e alí pinta cada día.

 


As súas obras plasman a repetición e o infinito e as cabazas son un elemento fetiche na súa obra.



De aí a idea de decorar unha cabaza ao estilo Yayoi...




Animádevos e este Samaín decorade as vosas cabazas 
ao estilo Yayoi!!

* Imaxes e inspiración @lemonartlab 

ELABoRAMoS os NosOs XoGUETEs

 Estivemos a elaborar con material de refugallo (cartón e tapóns de plástico) un puzle deslizante que nos vai axudar a interiorizar a recta numérica. Aquí o tedes:




lunes, 12 de octubre de 2020

O reCReo dOs vENREs

 Os venres imos poder facer o recreo no patio novo, onde está ubicado o parque. A verdade que é un aspecto positivo poder desfrutalo sen masificacións e con tranquilidade. Déixovos unhas imaxes do venres pasado, foi fermoso ver a emoción por voltar e velos desfrutar sen agobios, sen ruídos e sen présas. 






ANIvERsARIoS

Este curso imos seguir celebrando a vida e os aniversarios. A torta ten que ser de xoguete pero iso non vai ser obstáculo para continuar xirando ao redor do sol. Ademáis, imos debuxar os nosos desexos e gardalos nun fermoso frasquiño para a/o homenaxada/o ❤️




 

sábado, 3 de octubre de 2020

PRIMEIROS DÍAS

Queremos amosarvos algunhas das tarefas que fomos facendo  estas primeiras semanas. 
Estamos a afondar no trazo con actividades de grafismo creativo:


Tamén de forma cotiá traballamos nos distintos recunchos da aula: 

O recuncho de biblioteca e lectoescritura




O recuncho de matemáticas 



O recuncho dos MiniMundos



O recuncho do xogo simbólico


O recuncho dos artistas



Estamos a traballar o esquema corporal partindo das nosas fotografías e tomando como inspiración a obra de Susana Blasco, ilustradora e artista plástica especialista en colaxe. 


















Como vedes, estamos a traballar e esforzarnos moito 😊