Inspirándonos unha vez máis na obra de Susana Blasco elaboramos un colaxe coas caras dos membros do noso equipo. O obxectivo era reflexionar sobre as nosas diferencias e semellanzas e vaia se o acadamos. Fixámonos en todo iso que todos temos pero que á vez son diferentes de uns a outr@s e valoramos a diversidade como algo positivo e divertido. De feito, os nosos colaxes convirtíronse nas nosas criaturas, algunhas sen nariz, outras con dúas bocas, outras picassianas cun ollo máis arriba ca o outro... pero todas válidas, divertidas e marabillosas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario