sábado, 27 de noviembre de 2021

PROXECTO ARTíSTICO: DE AQUí AO INFiNITO


 Como xa vos anunciaramos en post anteriores, 

comezamos un proxecto artístico ao redor da figura de 

YAYOI KUSAMA

unha das artistas contemporáneas vivas máis relevantes. 


E para comezar a familiarizarnos coa súa obra temos que familiarizarnos co seu elemento característico por antonomasia: O PUNTO.



Comezamos inspirándonos co conto: El punto, de Peter H. Reynolds. 



Aquí nos tedes experimentando con distintos materiais plásticos. 

Cada equipo elaborou o seu fondo para facer un retrato interactivo ao estilo de Yayoi. Foi moi divertido! 









PILI XA TEN 3 ANOS!!

 Celebramos coa nosa Pili 

a súa terceira volta ao sol! 

PARABÉNS, PILAR!




sábado, 13 de noviembre de 2021

MAGOSTO

 Celebramos o Magosto o día de San Martiño, como manda a tradición. Por fin puidemos recuperar este día e desfrutalo con xogos tradicionais e, cómo non? degustando as castañas asadas que tanto nos gustan!




ANIVERSARIOS DE PABLO E FABiÁN

 Celebramos os aniversarios de 

PABLO E FABIÁN

dando 3 marabillosas voltas ao sol!!

Parabéns chicos!!




SiMuLAcRo DE INcENDios

 

Todos os anos facemos un simulacro de incendios, tal e como establece o Plan de Autoprotección do Centro. Este curso foi un simulacro con fume engadido e foi do máis emocionante para os máis cativos ver chegar aos bombeiros e velos en acción. A nosa actuación, como era de esperar, tamén foi exemplar. PROBA SUPERADA!! (e con nota!)