domingo, 31 de mayo de 2020

AdiViñA, aDiviÑanza...

 Qué vos parece se xogamos ás adiviñas encadeadas? É moi doado e divertido!! 
Alma déixanos unha adiviña para que poidamos comezar o xogo! 👏🏻
Se pensades que tedes a solución enviádenos un vídeo e deixádenos unha nova adiviña
 para que outr@s tamén poidan xogar 👍


MisióNs do LuNs

A mestra Tareixa déixanos un novo conto en LSE: Chocolata. 


MisióN 1: Debuxamos o conto.
Imos debuxar a Chocolata e as prendas de roupa que saen no conto e escribir ao carón de cada debuxo o seu nome. 

Misión 2: Recortables. 
Lembrades a Frida que temos na aula? Todos os días vestímola tendo en conta o tempo que vai na rúa. Vouvos deixar uns recortables da ilustradora Mónica Carretero: a ratona Lola e o Rato Nicolás. Podedes imprimir, recortar e... a xogar! ( podedes facelo máis resistente se pegades aos ratos en cartolina) 










sábado, 30 de mayo de 2020

BeneFiciOs de Ler en VoZ aLTA ás CriAnzAs

1. Faille feliz
2. Fortalece e estimula a súa imaxinación
3. Potencia a observación, escoita, concentración, comprensión e atención
4. Esperta a súa curiosidade polo mundo que o rodea
5. Potencia o seu desenvolvemento emocional e comunicativo
6. Expande o seu coñecemento e favorece o pensamento crítico e creativo

viernes, 29 de mayo de 2020

MisiÓn do vEnRes

Misión 1: Ambientadores naturais e caseiros de froitas.
Hoxe imos elaborar un ambientador caseiro a base de froitas, precisamos algún cítrico: laranxa, limón, pomelo ou lima que imos empregar partidas en rodaxas (tamén hai posibilidade de empregar só a peladura), alcol (podemos empregar alcol de farmacia aínda que tamén acadaremos bos resultados con vodka, ron branco ou xenebra e advertiremos aos cativos dos perigos de inxerir alcol ☝🏻) e outros ingredientes que podemos engadir poden ser unha ramiña de romero, menta, lavanda ou eucalipto, unhas pingas de aceite de árbore de té, unha variña de canela en rama, unhas pingas de esencia de vainilla para cociñar... 
Introducimos os ingredientes nun frasco de cristal, pechamos e cando pasen 10-15 días abrimos e colocamos nun recuncho do noso fogar para que, ademáis de decorar desprenda bo olor e boas vibracións 🤗 



Misión 2: As peladuras dos cítricos. 
A elaboración do ambientador é unha ocasión propicia para comprobar que a pel dos cítricos, xa de por sí ten un aroma agradabre. Podemos aproveitar para comprobar cun rallador de man cómo ao rallar a peladura o olor que desprende intensifícase (facelo con moito coidado, a monda debe ser groxa para que non haxa perigo de magullar os dedos, si se fai ben pode ser unha actividade de psicomotricidade fina interesante). 


miércoles, 27 de mayo de 2020

MiSióNs do XovEs

Diríamos en castellano que este jueves se presenta muy fructífero 🤗

Misión 1: Elaboramos unha receita con froita.
Pensaremos nun primeiro momento qué pratos podemos elaborar con froitas. Pode ser dende un zume, un batido, unha brocheta de froitas, polos de froita, iogur con anaquiños de froita e cereais, ensalada/macedonia... ata as agora famosas “augas detox”.
Despois elaboraremos a receita coa axuda dun adulto e posteriormente escribiremos:
- O nome da receita (pode ser o nome orixinal ou buscar nós un nome máis creativo)
- Os ingredientes (facer unha listaxe e aproveitar para contar cantos ingredientes imos precisar en total e cantas pezas de froita e, se queremos, debuxalos)
- Os pasos a seguer para elaborar o noso prato: ordeamos con números e escribimos de forma moi sinxela (dúas ou tres palabras), por exemplo: 1. LAVAR A FROITA. 2. PELAR. 3. CORTAR EN ANACOS...
- Por último, debuxar o resultado final.




Non esquenzades lavar moi ben as mans antes e despois de cociñar e antes e despois de comer. 
Tampouco esquenzades que o último gran paso de toda receita é PAPALA! 

Misión 2: A auga da froita.
Como sabemos, a froita é un alimento moi san e necesario polo seu aporte en vitaminas e auga. Para poder “ver” esa auga imos facer un experimento moooi sinxelo: aproveitaremos as peladuras da froita da nosa receita (as peladuras ideais para este experimento serían as dos cítricos: pomelos, laranxas, limas, mandarinas e limóns, incluso poderiamos empregar unha rodaxa enteira para observar mellor os cambios) e deixarémolas ao sol. Ao día seguinte, observar o seu estado (a froita deshidrataráse e aproveitaremos para observar e comparar as súas cualidades: tamaño, cor, consistencia...). Comprobaremos a importancia de que os seres humanos bebamos auga e cómo as froitas poden axudarnos nesta tarefa 🤗


NoVos HíbriDoS


O “Frankestein animal” 
de Bosco


E a “conebeja” e o “porquiño rex”
de Antón 

fABULOsOS!!!👏🏻👏🏻




MisiÓns do méRcoRes

Misión 1: 
Hoxe imos despedir aos animais -polo momento- con este vídeo da mestra Tareixa no que repasa os nomes dos principais animais domésticos en LSE.




Misión 2: Agora é a quenda das froitas e verduras que tanto apetecen sempre e máis nestes días de calor!!


Ademáis das súas aportacións nutritivas, as froitas e verduras teñen a capacidade de espertar todos os nosos sentidos e fomentar a creatividade. Anímate a experimentar cunha das súas posibilidades creativas estampando as froitas e verduras que teñas a man.


E a nosa misión hoxe vai ser dobre! Primeiro imos ver qué obra de arte podemos crear coa froita que temos na casa. Non esquenzades pedir axuda dunha persoa adulta se precisades empregar o coitelo! ☝🏻 Lembrade sacarlle unha foto antes de papalo!! 😂





martes, 26 de mayo de 2020

MariTareFa

Aproveitade para reciclar as botellas plásticas e os tapóns 
para traballar: a atención e a psicomotricidade fina. 


Os nOsos HíbriDos


O “elefantigre” de Bruno


O “cagaliño”Ati de Fiz


O “jirapolo” de Adrián

BrUno aRt StreeT




VátEreS CreAtiVoS

                                                   Carla

                                                                     Antón

                                  Sabela

                                         Adrián

A noiTe dAs MudanZas en LSE

MisióN do MartEs: A noite das mudanzas. 



No seguinte enlace podedes descargar unhas flash cards de animais da granxa

Animádevos a debuxar a vosa propia granxa e colocar a cada animal no seu lugar. Podedes guiarvos polo vídeo para que non vos falte ningún ou se preferides poñer algúns máis e investigar cómo se chaman os seus fogares. Se non tedes impresora sempre podedes debuxar os animais en lugar de imprimilos e recortalos igualmente 🤗



MarTes de PsicO

Continuando co traballo de saltos que iniciaron a semama pasada, as mestras Ana e Lucía recompilaron uns xogos de goma para vós. Agardamos que desfrutedes moito saltando en familia 🤗

domingo, 24 de mayo de 2020

A CORDA ESTÁ LISTA!

 A comba está lista para cando poidamos voltar ao cole a xogar pero antes... haberá que probala 🤔



A bit of English

As teachers Natalia e Silvia déixannos un video para coñecer mellor aos animais da granxa da man do  noso amigo, o Fox, e unha fantástica canción para repasar os sons dos animais da granxa.



MiSiónS do LuNs

Misión 1: Animais híbridos.
Inventar animais fantásticos compostos por distintas partes de animais, poñerlles nomes e escribilos. Podemos debuxalos ou ben empregar a técnica de colaxe con fotografías. Como exemplo déixovos o CEBRATÓN (metade cebra, metade ratón), simpático, non si? 😆


Misión 2: O libro dos animais domésticos.
Lembrades o libro que elaboramos cando a celebración do Día do Libro? Pois imos facer un novo libro: desta vez imos encher as páxinas cos debuxos, pegatinas ou fotografías dos animais domésticos que aparecen nos debuxos animados ou películas (Peppa Pig, Garfield, Piolín...). Podedes adicar cada páxina do libro a un animal. E non esquenzades escribir o seu nome ☝🏽 

miércoles, 20 de mayo de 2020

martes, 19 de mayo de 2020

Os aniMais dA granxA en LSE

 Misión 1:
Esta semana imos continuar aprendendo cousiñas sobre os animais e por iso a mestra Tareixa déixanos un vídeo para aprender o nome dos animais da granxa en LSE. 


Son un montón verdade? Qué vos parece se facemos unha listaxe para anotalos? 
Pregúntome cántos haberá en total 🤔
Fixádevos na seguinte imaxe: podemos debuxar os animais da lista e escribir o seu nome debaixo 🤗


E como xa sabedes que os animais falan, qué vos parece se lles debuxamos un bocadiño de cómic e dentro escribimos o son que fan? Sabiades que os sons que fan os animais chámanse “onomatopeias”? Deste xeito podemos dicir que a onomatopeia do can é “GUAU”. 


En lugar das fichas, se preferides, podedes facer un póster-mural en cartolina cos debuxos, nomes e onomatopeias. Ou os vosos cromos!
 Ánimo! Os animais MOLAN! 

Misión 2: 
E como sei que vos encantan as adiviñas e os trabalinguas e hai moitos sobre animais... qué vos parece se buscamos algún que saibamos e o compartimos cos compañeiros e compañeiras?
Podemos grabar un vídeo recitándoos ou escribilo nun folio e envialos para compartir 🤗 
Mandade as tomas falsas ☝🏽 que son o máis divertido! 😄

lunes, 18 de mayo de 2020

MisiÓns do MarTeS

Hoxe a nosa misión vai ser DIVERTIRNOS! 🎉

Misión 1: pintamos con auga.
Imos aproveitar cando saiamos á rúa a pasear e practicar os exercicios da mestra Lucía para realizar a nosa obra de arte. Trátase de pintar con auga. Imos crear unha obra de arte efémera, pasaxeira, só durará uns intres, mentres a auga non seque,pero iso a fai máis valiosa se cabe. Recréate desfrutándoa, valóraa porque será única e irrepetible. 



Misión 2: Dalle vida ao teu váter.
Usa a túa creatividade e todo o que se che ocorra para darlle vida ao teu wc. Calquer obxecto pode servirche para crear o personaxe máis divertido e orixinal 👏🏽  Imaxinación a voar!!



MartEs dE PsicO


Hoxe é martes e toca Psico! 
Seguro que xa tes preparada a túa corda, ao igual que Sima 🤗


No seguinte vídeo a mestra Lucía déixanos uns exercicios moi doados para que aprendades a dar os vosos primeiros saltiños. Non esquenzades amosarnos os vosos avances! 
Atent@s e A DIVERTIRSE!!


As noVas da rePortEira Pétala

Pétala está feita unha grande reporteira e tráeme moitas novas vosas. 



Contoume que onte Fiz e Alma non esquenceron celebrar o días das nosas letras,
agardo que tiverades un feliz Día das Letras Galegas!
e se vos esquencestes non vos preocupedes celebrarémolo no mes de outubro e todos os días 
porque todos os días deberíamos celebrar que temos unha lingua propia 🤗




Tamén me contou que as pitas de Adrián, Alma e Daniela son fermosísimas, será certo? 🤔



Pétala tamén trouxo no seu peteiro uns vídeos marabillosos de Adrián (acompañado polo seu papá, Manolo) cantando o éxito da tempada: “Tengo una hormiguita” 😍 
Ollo ao que descubriu Adrián!! non só podemos substituír polas vogais, 
tamén podemos facelo coas consoantes que queiramos 👏🏽


Despois Pétala veu a verme un pouco morriñenta porque enterouse 
de que Carla bota moito de menos o cole. 
A min pásame o mesmo pero díxenlle a Pétala que imos facer unha cousa:
cando nos poñamos tristes imos imaxinar o día no que todo isto pase e poidamos voltar ao cole
VAI SER SÚPERRRRRR 🎉🎉🎉



E contoume Pétala que cando saiu dar o paseo ulíalle mooooi ben,
seica Alma estivo a preparar as rosquillas de limón da mestra Tareixa 
e disque ulen que alimentan 😃
paparíaas todas? ou deixaría algunha para Pétala? 🤔

MariTarefa

A profe Mari déixanos un experimento superchulo: cómo facer a nosa lámpada de lava, que poderemos engadir á nosa caixa da calma 🤗
 Lembrade, sempre coa supervisión dunha persoa adulta ☝🏽



domingo, 17 de mayo de 2020

MisióNs dO luNs

Misión do día:
Hoxe é luns e mañán vai ser martes. Como xa sabedes, martes temos Psicomotricidade e desta vez imos preparar o material que imos precisar para a sesión de mañán. Esta semana toca saltar á comba, por iso precisamos unha boa corda. Aproveitando que onte foi o Día da Reciclaxe, a mestra Ana vainos contar no seguinte vídeo cómo podemos fabricarnos unha corda resistente que poderemos decorar ao noso gusto. Mañán a mestra Lucía ensinaranos a utilizala.  Imos logo...





viernes, 15 de mayo de 2020

CoreOgrafíA da prOfe LucíA

Para que vexades que a profe Isa tamén fai os retos e as misións que manda, déixovos a coreografía da profe Lucía (esta non é a vosa, é a d@s nen@s de pimaria que é un pouco máis difícil) A profe mándavos un bico voador, deses tan grandes que fan desaparecer as nubes 😍

 


MáIS PitAs baiXo a ChOiva


As galiñas de Antón non son poñedoras, son comedoras ☝🏽😄




Ramón e a súa galiña comemillo 😁


Bruno e Rosiña, a galiña que puxo un ovo azul 😳