miércoles, 27 de mayo de 2020

MiSióNs do XovEs

Diríamos en castellano que este jueves se presenta muy fructífero 🤗

Misión 1: Elaboramos unha receita con froita.
Pensaremos nun primeiro momento qué pratos podemos elaborar con froitas. Pode ser dende un zume, un batido, unha brocheta de froitas, polos de froita, iogur con anaquiños de froita e cereais, ensalada/macedonia... ata as agora famosas “augas detox”.
Despois elaboraremos a receita coa axuda dun adulto e posteriormente escribiremos:
- O nome da receita (pode ser o nome orixinal ou buscar nós un nome máis creativo)
- Os ingredientes (facer unha listaxe e aproveitar para contar cantos ingredientes imos precisar en total e cantas pezas de froita e, se queremos, debuxalos)
- Os pasos a seguer para elaborar o noso prato: ordeamos con números e escribimos de forma moi sinxela (dúas ou tres palabras), por exemplo: 1. LAVAR A FROITA. 2. PELAR. 3. CORTAR EN ANACOS...
- Por último, debuxar o resultado final.




Non esquenzades lavar moi ben as mans antes e despois de cociñar e antes e despois de comer. 
Tampouco esquenzades que o último gran paso de toda receita é PAPALA! 

Misión 2: A auga da froita.
Como sabemos, a froita é un alimento moi san e necesario polo seu aporte en vitaminas e auga. Para poder “ver” esa auga imos facer un experimento moooi sinxelo: aproveitaremos as peladuras da froita da nosa receita (as peladuras ideais para este experimento serían as dos cítricos: pomelos, laranxas, limas, mandarinas e limóns, incluso poderiamos empregar unha rodaxa enteira para observar mellor os cambios) e deixarémolas ao sol. Ao día seguinte, observar o seu estado (a froita deshidrataráse e aproveitaremos para observar e comparar as súas cualidades: tamaño, cor, consistencia...). Comprobaremos a importancia de que os seres humanos bebamos auga e cómo as froitas poden axudarnos nesta tarefa 🤗


No hay comentarios:

Publicar un comentario