martes, 31 de marzo de 2020

SomOs CientíFiCos

Aquí temos a Bruno realizando o experimento dos xérmenes que teñen medo ao monstro do xabón.
 Preparádevos: un novo experimento está a piques de sair do forno! ☝🏽😄


FiZ e a pALaBrA dO Día

Fiz quere amosarnos o seu mural da PALABRA DO DÍa.
FANTÁSTICO TRABALLO, FIZ!! NORABOA!! 👏🏽👏🏽


MisIóNS do MéRcOreS

Misión 1:
Os mércores tamén temos Psicomotricidade, así que... qué vos parece se facemos un circuito superchulo para xogar? Primeiro temos que construílo. Imos trazar as siluetas dos nosos pés en papel, podemos usar folios ou cartolina de cores ou papel de revista (xornal non porque buscamos que teña o grosor suficiente para poder recortalo despois e xogar con el). Tamén en lugar de trazalo podemos estampar as nosas pegadas con témpera (ter en conta que imos precisar tempo para que sequen antes de poder xogar). Unha vez temos as pegadas debuxadas, recortámolas. Se queremos engadir dificultade podemos facer tamén as das mans. Colocámolo no chan e xa o temos listo para xogar! Podemos xogar sós ou convidar a alguén a xogar. Respectade a quenda e a ver quén tarda menos en percorrelo! 


lunes, 30 de marzo de 2020

MiSIónS do MarTEs


MiSIón 1:
Imos elaborar un abecedario cos logotipos ou rótulos (marcas) de alimentos e outros obxectos que atopemos pola casa. Vai ser un traballo a longo prazo, irémolo facendo a medida que atopemos os rótulos, así fixarémonos nas palabras escritas que vaiamos atopando. A ver se somos capaces de completalo! Importante! ☝🏽 se tedes algún logotipo/rótulo repetido non o tiredes, gardádeo, nuns días faremos outra actividade con eles. 


MiSión 2:
Como os martes temos sesión de Psicomotricidade, imos construír na casa un percorrido de obstáculos para mover un pouco eses corpos. Usaremos lá, cordel ou cinta adhesiva e xa despois... todo o que se vos ocorra. Imos empregar esa arma tan poderosa que temos: a imaxinación ☝🏽 para atravesar eses raios láser sen despeitearnos 😄


E despois de Psico relaxámonos 
escoitando a fermosa canción que nos descubriu Berta: “Duerme, duerme negrito”.
Tédela na parte superior dereita do blogue, no apartado AS NOSAS CANCIÓNS,
onde vos irei deixando cancións que empregamos na aula.
😘 Feliz Martes! 

ImOs a Pola TeRceiRa!!


Vai dE CienCiA

No seguinte enlace podedes ver a SIMA realizando o experimento anterior. Este experimento amósanos a importancia de lavar ben as mans 🤗 E lembrade ☝🏽 non é maxia, é CIENCIA ✨

https://drive.google.com/file/d/1ADYmr49li1F0hDxcSlfMCVwCGCiKuoyJ/view?usp=drivesdk

ReSISTIreMos


domingo, 29 de marzo de 2020

ImOs ExpEriMenTaR!!


NovOs CamPiSTas

Seguen chegando á “redacción” imaxes d@s nov@s campistas 👏🏽😄




MisiÓnS do LuNs

MiSióN 1:
Imos buscar pola casa obxectos que comecen pola letra A (entre 5 e 10) e facemos unha listaxe (escribímolas nun folio). Esa listaxe pode darnos xogo para ver a qué clube pertence cada palabra (número de letras), cantas palmadas teñen (número de sílabas), ver en qué se parecen (letras que se repiten ou ocupan o mesmo lugar), etc

MisIón 2:
De seguro que tod@s temos na casa pezas ou bloques para xogar ás construcións. Imos facer unha pequena construción (4 ou 5 pezas) e despois ímola debuxar nun folio e pintala. 



MiSióN 3:
Na escola temos un calendario de inspiración Waldorf co que estabamos a afondar na aprendizaxe dos días da semana.



Propóñovos crear o voso propio calendario: podedes empregar por exemplo un prato de madeira (dos que se usan para server o polbo á feira 🐙), tapóns de plástico e boliñas de papel. As cores que empregamos na escola correspóndense coas cores das regretas ou números de cor.
Luns: branco
Martes: vermello
Mércores: verde claro
Xoves: rosa
Venres: amarelo
Sábado: verde escuro
Domingo: negro

sábado, 28 de marzo de 2020



FraNCescO TonUcci

Boas familias, convídovos a ver e escoitar no enlace que vos deixo a continuación a reflexión de Francesco Tonucci, eminencia en materia de Educación que comparto na súa totalidade. Se tedes un intre adicádello e se vos prace, comentádeme qué vos parece. Unha forte aperta virtual,
Isa

E Non EsQuenzAdEs...

Esas manitas nos vamos🎵
a lavar,
🎵TRIS TRAS
por delante y por deeeeeTRÁS 👐🏼🎵



O rEloXO Das RutiNaS dE CanDeLA

Cun reloxo como o de Candela 😍 podemos ter todo controlado 💪🏽


Os NoSos FranKensTEinS

O Doutor Frankenstein creou a súa propia criatura. Nós podemos facelo tamén, só temos que buscar pola casa... Non esquenzades sacarlle unha foto ☝🏽😘



ImOs de ACamPadA

Chegan á nosa redacción as fotos dos primeiros campistas 🤣. Anímaste?



InÉS deL ReVés

Antes de comezar o conto, temos que cantar🤗

🎵Hoxe imos contar un conto,
un conto moi especial,
non sabemos cómo acaba 
pero pronto se saberá...🎵





TeMoS SuperPODeReS

Déixovos un enlace a unhas fichas superdivertidas e a unha recta numérica que nos vai axudar moito a resolver problemas nos que teñamos que sumar e restar. A temática é a dos superheroes e as superheroínas porque nos estades demostrando ás mamás, aos papás e a min que tedes superpoderes para quedar na casa e facer cousas incribles 😘

https://drive.google.com/file/d/1v-bKPrii6PgbkdWrYw0yWCjK85XP8am7/view?usp=drivesdk


MariTarEfAs

A profe Mari déixanos este enlace no que podedes atopar tarefas plásticas moi divertidas, a ver o que podedes facer 🤗😘
https://nuncamasaburrido.blogspot.com/2020/01/faciles-manualidades-para-ninos-usando.html?fbclid=IwAR3521o2wWjhkrw-jG6labYdUmXH6azCKM9EbcuOwSxNu5Rwl4UcS5A_JiI&m=1

jueves, 26 de marzo de 2020

ViVan aS unLLas de CoReS






MIsións do VenRes

MiSIón 1: 
Completamos a ficha cos símbolos “maior que”, “menor que” e “igual que”. Isto fanno na asemblea de cando en vez. 


Para que diferencien entre “maior que” e “menor que” (o “igual” o teñen claro) eu dígolles que é un cocodrilo que ten moooita fame, entón quere papar ó número máis grande. Estes son os debuxos que teño na clase, por se serven de axuda 😉.

MiSióN 2: 
Imos xogar ao bingo e para isto, se non temos, imos elaborar un. Mándovos uns exempliños de cartóns (propoño os números do 1 ao 20, poderemos ir ampliando progresivamente ata a seguinte decena a medida que vaian dominando). Os números podemos facelos con material de refugallo: trazados en tapóns, en anaquiños de papel... e metémolos nunha bolsa da que iremos extraendo ao azar. 


MiSióN 3: 
Xa chegou o venres!! esta semana traballamos arreo e portámonos xenial porque soubemos estar moi ben gardadiños na casa, así que qué vos parece se para celebralo imos de acampada? Fiz xa o probou porque el ten unha tenda de acampada, pero se non tedes non pasa nada porque tedes unha cousa moooi valiosa: a imaxinación 💡e con iso podemos construír unha tenda de acampada para pasar  a noite do venres, mirar as estrelas e escoitar historias ata que o Pedro Chosco nos veña visitar 😉😂


O MonsTro de CoRes e o CoroNaVirUs


Os ConTiñOs De TaReiXA


ToñiTa esTÁ FeliZ


 Hoxe vin á miña amiga Toñita moi feliz, díxome que xa viu pola cidade algúns comedeiros dos que elaborastes para os paxariños. GRAZAS!! ❤️





ExPerImEntO

Convídovos a ver e a levar a cabo este experimento sinxelo que, unha vez máis, nos axuda a comprender a importancia de lavar axeitadamente as mans.


MisIÓns do Día

Para abrir boca recomendo ver o conto da eiruga glotona en inglés: con este conto trabállanse os días da semana, os números, as cores e un pouco de vocabulario básico dos alimentos en inglés.
MiSióN 1:
Todos os días na escola eleximos un contrasinal (contraseña), unha palabra nova que imos aprender e temos que dicirlle ao encargado ou encargada para que poida colocar a nosa foto no mural da escola. A partires de hoxe imos elexir cada día unha palabra e con ela imos facer o seguinte:



Imos escribir a palabra (con letras maiúsculas), construíla (co material que teñamos, poden ser letras de imán, pegatina de letras, facelas con plastilina, recortalas de revistas...). Desas letras imos contabilizar cantas son vogais e cantas consoantes. Imos discriminar cantas sílabas ten con palmadas e imos escribir o número de palmadas. Contamos cantas letras ten e a qué club pertence (a ver se podemos lembrar algún compañeiro ou compañeira que pertenza a ese club) e xa por último, debuxamos esa palabra. Déixovos unha foto dun mural semellante ao que temos na clase, se tedes material e ganas podedes elaborar un para telo na casa.

MiSióN 2:
Elaboramos colares de pasta. Con lá ou cordel e a pasta que teñamos pola casa imos elaborar uns colares. Se queremos e temos témperas, unha vez feitos podemos pintalos de cores. 



miércoles, 25 de marzo de 2020

CantAMos cOn TaReiXa


EStaMoS OrGullOsOs de VóS


FaCemoS uN cOMeDeiRO pAra PAxaRoS

Vouvos contar unha cousa que levo observando dende que estou na casa. Xa van varios días que, polas mañáns, vexo desde a fiestra a Toñita, Toñita é esta gaivota que pasa horas e horas asexando mentres vos escribo, pero tamén está a mirar cando pinto, cando preparo cousas para o cole, cando fago deporte... a Toñita non se lle escapa nada.

Eu estes días non paro de pensar neses paxariños que non teñen para comer porque ninguén lles está a botar comida. Así que propóñovos facer un comedeiro para paxaros e poñelo na fiestra, balcón ou arbóre se tedes hortiña. Aquí vos deixo un par de ideas, pero se tedes outras xenial, xa sabedes que as ideas hai que colecciónalas.






O TemPO Na Rúa

MiSióN do Día:
Na nosa aula temos o seguinte cartel:



Todos os días, despois de "pasar lista" @ encargad@ ten que mirar o tempo que vai na rúa, así que cantamos a canción do carteliño (acompañada dos xestos) e colocamos na fiestra do cadro "Muchacha en la ventana" de Dalí o debuxo que corresponda. Déixovos as imaxes por se queredes elaborar a vosa fiestra e empegala na casa estes días. Se non tedes impresora podedes facela debuxando, primeiro o cadro e despois os debuxiños do tempo para ir cambiando según o día que faga.



A nosa misión vai ser anotar no calendario (ese no que todos os días riscamos e arrodeamos para ver qué día é) o tempo que vai ese día debuxando. Isto vainos permitir facer un conteo en calquera momento e ver se hai máis días chuviosos, máis soleados... e lembrade, esta misión non remata hoxe, hai que facela todos os días ☝🏽😌 Cando remate o mes, cóntovos de qué maneira facemos na clase o conteo. E se se vos ilumina a lámpada, esa que tedes na cabeza, e nace algunha idea xenial doutras maneiras de facer non dubidedes en contárnolas a tod@s.