jueves, 26 de marzo de 2020

MIsións do VenRes

MiSIón 1: 
Completamos a ficha cos símbolos “maior que”, “menor que” e “igual que”. Isto fanno na asemblea de cando en vez. 


Para que diferencien entre “maior que” e “menor que” (o “igual” o teñen claro) eu dígolles que é un cocodrilo que ten moooita fame, entón quere papar ó número máis grande. Estes son os debuxos que teño na clase, por se serven de axuda 😉.

MiSióN 2: 
Imos xogar ao bingo e para isto, se non temos, imos elaborar un. Mándovos uns exempliños de cartóns (propoño os números do 1 ao 20, poderemos ir ampliando progresivamente ata a seguinte decena a medida que vaian dominando). Os números podemos facelos con material de refugallo: trazados en tapóns, en anaquiños de papel... e metémolos nunha bolsa da que iremos extraendo ao azar. 


MiSióN 3: 
Xa chegou o venres!! esta semana traballamos arreo e portámonos xenial porque soubemos estar moi ben gardadiños na casa, así que qué vos parece se para celebralo imos de acampada? Fiz xa o probou porque el ten unha tenda de acampada, pero se non tedes non pasa nada porque tedes unha cousa moooi valiosa: a imaxinación 💡e con iso podemos construír unha tenda de acampada para pasar  a noite do venres, mirar as estrelas e escoitar historias ata que o Pedro Chosco nos veña visitar 😉😂


No hay comentarios:

Publicar un comentario