sábado, 13 de marzo de 2021

U-la lúa?

O pasado xoves asistimos por primeira vez in streaming a unha representación teatral: “U-la Lúa?” da compañía A xanela do Maxín, unha representación de títeres coa que desfrutamos das andanzas de Lúa, unha gatiña devezosa por viaxar e ver mundo. 





O COELLIÑO BRANCO

 A profe Julia contounos a historia do coelliño branco e, cuns paneis que nos elaborou, comezamos a traballar ao redor deste conto -xa todo un clásico- cos escornabots que nos emprestaron Sindo e Obdulia, os pais de Ramón, aos que unha vez máis dende aquí agradecemos pola súa axuda desinteresada e colaboración. 


Pasámolo en grande e aprendemos un montón: fomos quenes de contar a historia do dereito e do revés, con imaxes e con palabras e incluso dándolles aos robots indicacións moi complexas. 





FREDERICK

O conto de Frederick é un dos nosos contos favoritos dende os 3 anos. Non ía ser para menos, pois Frederick viña á escola connosco. Adicábase a durmir polo día (só espertaba á hora do conto porque lle encantaba escoitar historias) mentres, pola noite, facíanos trasnadas como roer a plastilina ou cambiar de sitio as cousas da profe Isa. 

Por iso lembramos de novo a historia do noso querido Frederick, esta vez cun teatro de sombras chinesas que tamén podemos empregar no recuncho de biblio como teatro de fiestra para contar as nosas propias historias. 


O ANIvERsARio De ANTóN


Facémonos maiores! ANTÓN cumpriu 6 anos! 

Parabéns Antón! Feliz volta ao sol! 😍





O moucho

 Con motivo do Día de Rosalía recuperamos a canción “O moucho”. Algúns nenos e nenas lembrábanse non só da letra, tamén dos xestos! E tiveron a idea de gravar un vídeo para o blog. Agardamos que vos guste! 






domingo, 7 de marzo de 2021

8M ADICADO A ISABEL ZENDAL

Dentro da liña do Proxecto de Educación para a Saúde que estamos a traballar durante este curso, o equipo docente de 5 anos queremos adicar esta data á figura de Isabel Zendal, a primeira enfermeira que levou a cabo unha misión sanitaria internacional da historia, levando a vacuna da variola a América e ademáis galega. Deixámosvos o capítulo da serie Lunnis de Leyenda adicado a ela, co cal introducimos o traballo sobre esta figura trascendental. 

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/lunnis-leyenda-isabel-zendal/4360520/