domingo, 22 de enero de 2023

PARABÉNS, ABRAHAM!

 Inauguramos a ronda dos 5 años co aniversario de Abraham, 

MOITOS PARABÉNS!! 




FELiZ 2023!

 Comezamos un novo ano e facémolo por todo o alto. Menuda sorpresa! Cando chegamos á aula o primeiro día tivemos que indagar, pois había pegadas nevadas e moitos agasallo! Despois de analizar a situación, chegamos á conclusión de que foi Papá Noel quen estivo ná nosa clase e entre tod@s abrimos os agasallos, que están a facer as delicias nos diferentes recunchos...






domingo, 1 de enero de 2023

FESTA DE FIN DE ANO

 Despedimos o trimestre e o ano coas badaladas e as "uvas", como manda a tradición!

FELIZ 2023! ❤️❤️❤️❤️










CHEGOU O NADAL



Decoramos as fiestras da nosa aula cos bonecos de neve que fixeramos o ano pasado e levamos a cabo unha chea de propostas. Como mostra: fotiños dalgunhas tarefas...



Así de fermosas luciron as nosas fiestras!



Construimos os homiños e as mulleriñas de galleta



Traballamos nas nosas felicitacións de Nadal


Xogamos a facer series con elementos do Nadal


Construimos figuras navideñas cos policubos


Fixemos as nosas galletas de plastilina


Un adorno para a árbore coa nosa foto



Descubrimos as folerpas de neve...


...e aprendemos a debuxalas cos rotus finos. 

Tamén en Psico mergullámonos no Nadal! 



O APALPADOR

 Traballamos a figura do apalpador co conto: 



 E aproveitamos para facer a conta atrás do calendario de Advento cuns agasalliños para as nosas árbores que el nos deixou: 


COMEZAMOS O PROXECTO DE LoUisE BoURGEois

 Unha caixa misteriosa chegou á aula cunha chea de fotos, unha árbore de Nadal, un chaveiro, un conto e moitos traballiños. Ademáis, na caixa había teas de araña. 

Polo de agora, sabemos que a muller das fotos se chama Louise, é escultora e constrúe arañas xigantes. Pintamos o seu retrato con ceras e acuarelas. 



OS ANTIFACES DA CALMA

 Estreamos os antifaces da calma: un obxecto motivador para realizar a rutina da relaxación despois do recreo. Non vos encantan? A nós tamén! 





SIMULACRO

 A comezos de decembro realizamos, coma todos os anos, un simulacro. Esta vez foi un simulacro de desaloxo das instalacións coas nosas pertenzas. Fixémolo xenial e despois, como premio, aproveitamos para xogar un pouco antes de merendar no parque, posto que o lugar de xuntanza estaba moi pretiño. 





OS ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

FABIÁN, PABLO, TEO e PILI

XA TEÑEN 4 ANOS!!

PARABÉNS!