lunes, 25 de diciembre de 2023

A NOSA PANXOLIÑA DE NADAL

 Este Nadal aprendemos a panxoliña "FOLERPIÑA". Visitamos outras aulas para cantala acompañada dos nosos instrumentos feitos con material de refugallo. 



miércoles, 6 de diciembre de 2023

Contos musicados

 Recibimos a visita do alumnado de Maxisterio que viñeron a presentarnos unha sesión de contos musicados. Desfrutámolo moito! Grazas! 



O Nadal

 Comezamos o mes de Nadal e con el, o noso calendario de Advento. Mirade qué sorpresiña para pintar na casa deixaron no primeiro sobreciño! 






Dada Dolls de Hannah Höch


Hannah non se puido resistir a recrear as bonecas da súa infancia. Reciclou pezas outorgándolles un novo sentido: este feito supuso o nacemento das bonecas dadaístas. Hannah soía dicir que se non se sabía a procedencia de cada anaco, a colaxe sería un éxito. 


E aquí están as nosas Dada Dolls! 











O ramo de Hannah Höch

 Fixemos coas outras aulas de 5 anos a nosa interpretación da obra "O ramo" de Hannah Höch. Está exposta xunto coas outras actividades do proxecto no noso corredor. 



A PORTA OLíMPICA

 Por fin rematamos a porta da clase con tod@s @s deportistas que van participar na Olimpiada do cole. Quedou fantástica! 



25N

 Conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Fixémolo contando contos sobre a temática na asemblea para reflexionar, falando da importancia de tratar ben aos demáis e a nós mesmos e plantando sementes de lavanda porque a Educación é a semente contra a violencia de xénero. 



A nivel de centro colaboramos na elaboración dun camiño simbólico.