sábado, 15 de octubre de 2022

11 Outubro- Día da diversidade afectiva e sexual


 

AS CRIATURAS SILENCIOSAS

 Cando na aula hai moito ruído, as criaturas silenciosas veñen visitarnos para facernos conscientes do nivel de ruído. Gústanos tanto disfrutar da súa compañía que quixemos construír a nosa criatura e poder levala ás nosas casas. 




O PATIÑO FEO

  O pasado luns, 10 de outubro achegámonos dando un agradable paseo ao Centro Sociocultural de Santa Marta para asistir a unha función de títeres. Teatro de las Maravillas representou para nós unha versión libre do conto de Hans Christian Andersen, O patiño feo, dentro do programa Galicreques 2022.

Nenas e nenos non se puideron portar mellor e o espectáculo (nas súas propias palabras) encantoulles!! co cal, auguro que será a primeira de moitas saídas didácticas! 





AS CORES DO OUTONO

 Despois de identificar as cores do outono, elaboramos os nosos cadros do outono, experimentando coas follas e con novos procedementos (arrastre) para pintar. 




OS NOSOS NOMES

 Seguimos traballando ao redor do noso nome propio con diferentes tarefas: 






LARA E SOFÍA CUMPREN 4 ANOS!!

 MOITOS PARABÉNS! 

FELIZ VOLTA AO SOL!!