domingo, 26 de noviembre de 2023

Actividade de Educación Vial

Hai una días fixemos unha pequena excursión en autobús ata o Recinto Feiral de Amio para asistir a unha actividade práctico-teórica de Educación Vial. Comezamos practicando as principais normas de tráfico nun circuito nos roles de pións e ciclistas. 
Despois, tivemos unha charla moi animada para afianzar o aprendido e, por último, agasalláronnos cuns carnés de policía e uns libros de pegatinas. Pasámolo en grande! 


 

A MAXIA DO TEU NOME

 O libro viaxeiro comeza a visitar as casas dos nenos e nenas para saber máis sobre porqué nos chamamos así. Lolo acompaña este fermoso caderno que elaboraremos entre todos! 








PROXECTO: OS XOGOS OLÍMPICOS

 Iniciamos o proxecto do cole sobre Os Xogos Olímpicos elaborando os identificadores dos colgadoiros que son nada máis e nada menos unhas medaias olímpicas: de ouro, por suposto! 



CELEBRAMOS O OUTONO

Festexamos o outono con algunhas actividades: 

- tivemos unha proposta artística para elaborar un caracol.





- decoramos unha folla de outono con trazos. Este traballiño aproveitámolo para a elaboración dos cucuruchos do Magosto que quedaron fermosísimos! 




OS ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO 🎂

 Este mes veñen de soprar 5 candeas

Fabián e Pablo, Teo e Pili. 

PARABÉNS PARA VÓS!!❤️❤️❤️❤️






domingo, 5 de noviembre de 2023

Samaín 2023


 

A MANUALiDADE DE ALEX


Álex quixo compartir unha manualidade 
que fixera na casa con nós. 
Fermosísima!! 😍

 

HANNAH HÖCH

 Comezamos un proxecto titulado "UNIVERSOS DIVERSOS" co que tomaremos conciencia da diversidade que nos rodea. 

Nun mundo dominado por homes, Hannah fragmentou a sociedade europea do século XX nas súas colaxes e fotomontaxes. 

 





Cuestionou a idea e o concepto de beleza feminina tentando derrubar estereotipos impostos ás mulleres (dende a vestimenta ata o físico e a actitude ante a vida). Negábase a aceptar a presión exercida sobre as mulleres, o canon de beleza e o que se esperaba delas. 

Hannah facía fincapé nun mundo fragmentado, atrapado polas guerras e as crises económicas.

Os seus comezos céntranse nos estudos de artes gráficas e debuxo sobre o cristal, tendo como mestre a Harold Bergen. Cando coñece ao artista dadaísta Hausmann foi cando se implicou activamente no movemento Dadá. 

Unha das súas temáticas principais, e tamén das súas preocupacións, foi a de representar a unha "muller nova", independente, libre e que loita pola xustiza social e a igualdade. Á súa vez denunciaba a sociedade machista e misóxena que a rodeaba, xunto a temas políticos.

A partires de 1937 sufriu a ira nazi, tachaban a súa arte de extremista e dexenerada e non tivo máis opción que comezar a expoñer no estranxeiro. 

"Dadásofa", feminista, loitadora, inconformista e actividta dos dereitos da muller, Hannah Höch perfílase coma un referente actual: a grande dadaísta. 


Elaboramos os nosos autorretratos inspirándonos nos colaxes da artista de colaxe e fotógrafa alemana Hannah Höch. 
















ANIVERSARIO MARA

MARA XA TEN 5 ANOS!
PARABÉNS, MARA! 🎉🎉🎉



 

AS PARTES DA CARA EN LSE

 


VAMPIROS DE HALLOWEEN

 Co gallo do Halloween transformamos follas en vampiros e colocámolos voando ou durmindo 😍




Os dedos da man

 

Aprendimos os nomes dos dedos da man en galego con este poema de Orella Pendella. E plasmámolos nun debuxo da silueta da man. 


PREPARAMOS AS NOSAS TORTAS DE ANIVERSARIO

Preparamos o póster que vai cubrir o noso lienzo ata o día do noso aniversario, cando o pintemos. Elaboramos unhas tortas e decorámolas cos nosos trazos. 





A PROFE SARA

 Temos o pracer de ter con nós á profe Sara, que nos vai acompañar mentres realiza o seu período de prácticas ata as vacacións de Nadal. Benvida, profe Sara!