domingo, 5 de noviembre de 2023

HANNAH HÖCH

 Comezamos un proxecto titulado "UNIVERSOS DIVERSOS" co que tomaremos conciencia da diversidade que nos rodea. 

Nun mundo dominado por homes, Hannah fragmentou a sociedade europea do século XX nas súas colaxes e fotomontaxes. 

 





Cuestionou a idea e o concepto de beleza feminina tentando derrubar estereotipos impostos ás mulleres (dende a vestimenta ata o físico e a actitude ante a vida). Negábase a aceptar a presión exercida sobre as mulleres, o canon de beleza e o que se esperaba delas. 

Hannah facía fincapé nun mundo fragmentado, atrapado polas guerras e as crises económicas.

Os seus comezos céntranse nos estudos de artes gráficas e debuxo sobre o cristal, tendo como mestre a Harold Bergen. Cando coñece ao artista dadaísta Hausmann foi cando se implicou activamente no movemento Dadá. 

Unha das súas temáticas principais, e tamén das súas preocupacións, foi a de representar a unha "muller nova", independente, libre e que loita pola xustiza social e a igualdade. Á súa vez denunciaba a sociedade machista e misóxena que a rodeaba, xunto a temas políticos.

A partires de 1937 sufriu a ira nazi, tachaban a súa arte de extremista e dexenerada e non tivo máis opción que comezar a expoñer no estranxeiro. 

"Dadásofa", feminista, loitadora, inconformista e actividta dos dereitos da muller, Hannah Höch perfílase coma un referente actual: a grande dadaísta. 


Elaboramos os nosos autorretratos inspirándonos nos colaxes da artista de colaxe e fotógrafa alemana Hannah Höch. 
















No hay comentarios:

Publicar un comentario