domingo, 25 de abril de 2021

As TEsoiRAs DE MATiSsE



Un bo día apareceu na nosa clase unha caixa misteriosa chea de cousas: un títere de papel, láminas de cadros, un conto... pronto chegamos á conclusión de que se trataba dun pintor e quixemos escoitar a súa historia...

Este libro presenta a figura do pintor Henri Matisse na súa última etapa artística, cando, debido a un estado de saúde moi delicado por mor dunha grave enfermidade, abandoou os pinceis para adicarse ao colaxe, “a pintar con recortes de papel”, como moi ben diría el mesmo. Totalmente recomendado para comprender a persoalidade e obra deste grande artista. 

 

Indagamos nunha das súas obras máis representativas: “O caracol” e lanzámonos a facer os nosos propios caracois. Máis abaixo podedes admirar as nosas realizacións. Foi un pretexto estupendo para practicar unha vez máis o recorte con tesoiras. 












O FAQUIR DE GRAN CABEZA

 


Un dos contos favoritos de Adrián é “O faquir de gran cabeza”. Por iso afanouse moito en facer un de elaboración propia e traelo á aula para amosárnolo e cantar xuntos a canción. Moitas grazas por compartilo con nós, Adrián! 👏🏻

O coELLiÑo BRANco

Durante dous meses tivemos con nós á profe Julia, coa que traballamos ao redor do conto: “O coelliño branco” levando a cabo a dramatización do conto por equipos empregando recursos materiais diversos (elaborados polo alumnado). Pasámolo xenial! 


Elaboración do conto en formato kamishibai.



Dramatización do conto elaborado con fieltro. 



Títeres elaborados con pasta de modelar de secado rápido.



Posta en escea do teatro de sombras.



ANivERsARio DE DANiELA

 


DANIELA cumpriu 6 ANOS 
e celebrámolo XUNTOS no cole.
PARABÉNS! Feliz volta ao sol! 🎂

As METAMoRFosis ANiMAis





O pasado mes de marzo, contamos no centro coa presenza da artista rianxeira Lara Torres, que estivo a realizar un obradoiro co alumnado de sexto de Educación Primaria. O resultado: o mural que podemos contemplar no patio de Infantil. 

 

Se queredes máis información sobre a obra desta artista, podedes consultar na súa web: https://laratorres.es/

A nós gústanos todo o seu traballo e especialmente as súas láminas da colección “Metamorfosis animal”, tanto que decidimos crear as nosas propias láminas e montar a nosa propia exposición. Ademáis, inventamos e escribimos unha  pequena historia para a nosa criatura: puxémoslle nome, pensamos cal sería o seu hábitat, a súa alimentación e algunha afeizón.