O pasado mes de marzo, contamos no centro coa presenza da artista rianxeira Lara Torres, que estivo a realizar un obradoiro co alumnado de sexto de Educación Primaria. O resultado: o mural que podemos contemplar no patio de Infantil.
Se queredes máis información sobre a obra desta artista, podedes consultar na súa web: https://laratorres.es/
A nós gústanos todo o seu traballo e especialmente as súas láminas da colección “Metamorfosis animal”, tanto que decidimos crear as nosas propias láminas e montar a nosa propia exposición. Ademáis, inventamos e escribimos unha pequena historia para a nosa criatura: puxémoslle nome, pensamos cal sería o seu hábitat, a súa alimentación e algunha afeizón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario