jueves, 26 de marzo de 2020

MisIÓns do Día

Para abrir boca recomendo ver o conto da eiruga glotona en inglés: con este conto trabállanse os días da semana, os números, as cores e un pouco de vocabulario básico dos alimentos en inglés.
MiSióN 1:
Todos os días na escola eleximos un contrasinal (contraseña), unha palabra nova que imos aprender e temos que dicirlle ao encargado ou encargada para que poida colocar a nosa foto no mural da escola. A partires de hoxe imos elexir cada día unha palabra e con ela imos facer o seguinte:



Imos escribir a palabra (con letras maiúsculas), construíla (co material que teñamos, poden ser letras de imán, pegatina de letras, facelas con plastilina, recortalas de revistas...). Desas letras imos contabilizar cantas son vogais e cantas consoantes. Imos discriminar cantas sílabas ten con palmadas e imos escribir o número de palmadas. Contamos cantas letras ten e a qué club pertence (a ver se podemos lembrar algún compañeiro ou compañeira que pertenza a ese club) e xa por último, debuxamos esa palabra. Déixovos unha foto dun mural semellante ao que temos na clase, se tedes material e ganas podedes elaborar un para telo na casa.

MiSióN 2:
Elaboramos colares de pasta. Con lá ou cordel e a pasta que teñamos pola casa imos elaborar uns colares. Se queremos e temos témperas, unha vez feitos podemos pintalos de cores. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario