Como xa vos anunciaramos en post anteriores,
comezamos un proxecto artístico ao redor da figura de
YAYOI KUSAMA
unha das artistas contemporáneas vivas máis relevantes.
E para comezar a familiarizarnos coa súa obra temos que familiarizarnos co seu elemento característico por antonomasia: O PUNTO.
Comezamos inspirándonos co conto: El punto, de Peter H. Reynolds.
Aquí nos tedes experimentando con distintos materiais plásticos.
Cada equipo elaborou o seu fondo para facer un retrato interactivo ao estilo de Yayoi. Foi moi divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario