sábado, 25 de abril de 2020

A caiXA dA CaLMA

Seguro que estades un pouco nervos@s estes días. Lembrades o que facemos no cole cando estamos nervos@s? Imos ao renuncho da calma e alí pásasenos todo!


Como seguramente non todos vós teñades suficiente espazo na casa para un recuncho da calma, o que sí podemos facer é crear a nosa CAIXA DA CALMA, ocupará menos espazo e ademáis poderemos transportala cando queiramos. Parécevos?

Precisaremos unha caixa (de cartón ou reixa da froita) á que iremos engadindo os elementos precisos, pero non vos preocupedes porque iremos elaborando pouco a pouco. Hoxe a nosa misión será buscar unha caixa xeitosa que imos decorar ao gusto de cada un. Escribiremos nela: CAIXA DA CALMA, para tela ben identificada 😉


Outras cousiñas que xa podemos ir engadindo son: un peluche que nos tranquilice, ese libro que nos gusta ler e reler unha e outra vez, uns anacos de plástico de burbulliñas para estourar, unhas mandalas para colorear...
Mañán, cando saiades a dar o voso paseo, podedes recoller unhas pedras bonitas (lembrade facelo ben provistos de luvas e pedirlle aos papás que as desinfecten axeitadamente ao chegar á casa) e decoralas pintando un corazón, espirais ou labirintos. Podedes pintadas con rotuladores ou temperas. É moi tranquilizador poder pasar o dedo por elas.


Iremos engadindo novos elementos que sei que vos han gustar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario