miércoles, 22 de abril de 2020

MisiÓns dO MérCorEs

Misión 1:
Candela propón unha misión que consiste en elaborar un teléfono con dous vasos de iogur e un cordel ou fío. Cóntame que a ela e a súa mamá estálles a resultar moi útil cando mami está teletraballando nun cuarto e ela facendo as súas tarefas en outro. Se non vos resulta útil, cando menos sí vos resultará divertido, animámosvos a facelo. Lembrade ☝🏽para que o teléfono funcione correctamente o fío ten que estar tenso, é a maneira de que as ondas sonoras poidan viaxar a través del 🤗



Misión 2: 
Como xa sabedes, este xoves vai ser a gran festa do libro e en máis dun sitio é tradición agasallar ás persoas que queremos cun libro e unha rosa. O do libro... estamos niso, elaborando o noso propio, así que fáltanos a rosa. Déixovos unha maneira moi doada, precisamos: papel, lápis, tesoiras e unha pinga de cola.

Paso 1: 
Debuxamos un círculo no papel e recortamos. 
Canto máis grande o círculo, máis grande o tamaño da flor. 


Paso 2:
Dámoslle a volta ao círculo e debuxamos unha espiral -bastante folgada- dentro do noso círculo e recortamos. 
Se @ nen@ é zurdo a espiral trazaráse de esquerda a dereita, para facilitar o recorte. 


Paso 3: 
Volteamos de novo e imos enrolar dende o extremo exterior ata o centro. 


Paso 4: 
Poñer unha pinga de cola no remate, ese vai ser o centro da nosa flor. Pegar. 


 E xa temos a nosa rosa lista para acompañar ao noso libro!! 
Podedes pintala, poñerlle o talo, follas...é a vosa rosa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario