miércoles, 29 de abril de 2020

MiSióNs do MércOres

MisiÓn 1: 
Seguimos a viaxar por África e aproveito para lembrarvos unha canción que a profe María publicou no blogue da súa aula PEQUECHOS NA NUBE. É unha canción africana, unha canción motora, que aúna música, voz e movemento e titúlase KOKOLEOKO.




A profe Isa aprendeu, cando estudaba para mestra, unha canción hawaiana que máis tarde versionaron os Cantojuegos, titúlase EPO I TAE TAE


Sabedes algunha canción que se acompañe cos xestos? Animádevos a compartila con tod@s!! 

MisiÓn 2: 
Aproveitando que os mércores son días de Psico, a profe Lucía déixanos un reto:
 A MARIOLA AFRICANA.
Practicádea tal como podedes ver no seguinte video e enviade o voso propio video para que poida facer unha montaxe con todas aquelas persoas que desexen participar. Pode participar toda a familia. É moooi divertido (eu xa participei 🤫). Tedes que enviar o voso video ao seguinte enderezo electrónico:
maildeluciapeixoto@gmail.com

Non esquenzades poñer o voso nome e o curso: 4ANOSB
Podedes lucir os vosos adornos africanos. Ánimo e a desfrutar!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario