jueves, 30 de abril de 2020

MiSións do XoVes

MisiÓn 1:
Despois de ver o video dos animais da sabana imos facer dúas listaxes. Nunha listaxe imos escribir o nome dos animais que aparecen no video e na outra escribiremos os nomes doutros animais da sabana africana que non aparecen no video. Contaremos os nomes para saber qué listaxe ten máis e anotaremos o número para non esquencernos. Despois, debuxaremos os animais; podemos debuxalos todos, só os que máis nos gusten ou o noso favorito.

MisióN 2: 
Imos construir o noso tambor africano. Precisamos: un círculo de cartón, un pao, un anaco de cordel, fío ou lá e un par de abalorios (se non temos eu empreguei un par de bolas de plastilina). Déixovos a foto para que vexades a montaxe. Xa veredes o divertido que é facelo soar 😁 E non esquenzades decorar ao voso gusto!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario