Conmemoramos o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller realizando unha chea de actividades:
- Lemos o conto Xela volveuse vampira e aprendemos a fermosa poesía que aparece nel.
"Non lle grites,
non lle pegues,
se fas iso
non a queres.
Á miña avoa,
unha aperta.
Á miña nai,
bicos de festa.
Á miña amiga
se vén,
un cantar
que saiba a mel"
- Tivemos contacontos durante toda a semana: Rosa Caramelo, Arturo e Clementina, O libro dos porcos...
- Elaboramos un mural colectivo xunto cas compañeiras e compañeiros de 3 anos A co que pretendemos dar a coñecer o proxecto El latido de las mariposas, que nos agasallou cunhas fermosas bolboretas de crochet.
- E elaboramos un traballiño individual para plasmar e lembrar todo o aprendido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario