sábado, 12 de marzo de 2022

8M 2022



O 8M continuamos traballando arredor da artista Yayoi Kusama. Sabiades que Yayoi foi víctima do machismo e do racismo ao longo da súa carreira? Pois sí! Está demostrado que compañeiros artistas plaxiaron as súas obras e o feito de ser xaponesa non lle abriu precisamente as portas das galerías de arte en Nova York. Quixemos lembrarnos dela nun día tan especial reinterpretando a modo de colaxe o retrato que dela fixo a artista Coco Dávez. 




Tamén participamos no mural colaborativo do cole 
cun mural sobre Yayoi. Cada un de nós fixo algo, así podemos dicir que é de tod@s!




No hay comentarios:

Publicar un comentario