viernes, 28 de abril de 2023
jueves, 27 de abril de 2023
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o Día do Libro, o Equipo de Biblioteca organizou unha actividade de Apadriñamento Lector. Mágoa que debido ao mal tempo tiveramos que facelo no patio cuberto. Aí vos deixamos unhas imaxes:
OS SUPERHEROES
TEMOS MURAL NOVO NO COLE, FEITO POLO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA E DIRIXIDO POLA ARTISTA RIANXEIRA, LARA TORRES.
lunes, 17 de abril de 2023
ESTREAMOS A ASEMBLEA DIXITAL
Estreamos a pantalla nova facendo por primeira vez a asemblea dixital nela. Non se nos deu nada mal para ser a primeira vez: SUPERMOTIVADORA e INTUITIVA!!
domingo, 16 de abril de 2023
viernes, 7 de abril de 2023
A BÚSQUEDA DO TESOURO DE PASCUA
Na nosa aula apareceu un tesouro. Xa por fóra era ben chusco, non deixaba lugar a dúbidas, o que había dentro era apetecible. Pero, para abrilo, tivemos que resolver grandes desafíos: resolver por equipos probas e despois atopar as pezas dun puzzle que, unha vez completo e coas palabras máxicas axeitadas permitiron abrir o cofre. Pasámolo xenial! 100% motivación!
8M
Conmemoramos o 8M a nivel de centro cunha actividade na que tiñamos que presentar á nosa superheroina (unha muller existente na nosa vida real), os seus superpoderes e dicir porqué era importante para nós.
A PEQUENA EIRUGA LAMBONA
Posto que agora estamos a estudar as bolboretas, elaboramos o noso propio libro de "A pequena eiruga lambona" e decoramos a porta da clase con motivo do conto.
Ademáis, xa temos na aula os ovos de vermes de seda e agardamos con impaciencia a que nazcan. A observación directa vainos permitir levar un rexistro e aprender moitas cousas, ademáis, o/a encargado/a do día terá que darlle de comer... vai ser moi interesante.