Un curso máis comeza a funcionar o sistema de préstitos da biblioteca de aula. Así, os venres levaremos un libro (elexido libremente) para a casa e o traeremos de novo ao luns seguinte. A elección e rexistro, agora que xa temos cinco anos faráse do xeito máis autónomo posible.
domingo, 8 de octubre de 2023
EL TRAVIESO JoJó
Limos o conto de "El travieso Jojó" que nos axudou a conversar e clarexar o que é unha broma.
Despois, cadaquén representou a Jojó como quixo, e aquí volos ensinamos:
Xogamos cos nosos nomes
Ao igual que coas nosas caras, xogamos cos nosos nomes, para ver qué temos en común e cales son as diferenzas (letras que se repiten, número de letras...) e fixémolo xogando a modo de crucigrama. As nosas fotos "medio" inventadas, pois buscamos un corpo nas revistas e quedou moi orixinal. Gustou tanto que decidimos colocalo na porta para que nos acompañe todo o curso.
Xogamos coas nosas caras
Andivemos a traballar as partes da cara pero sobre todo conversamos moito sobre os aspectos nos que nos semellamos e nos que nos diferenciamos. Somos diferentes, somos iguais!!
Creamos novos personaxes mesturando os puzzles das nosas caras. Inspirámonos nas obras de colaxistas coma a española Susana Blasco e o colombiano Óscar Muñoz.
Elaboramos imáns
Coa mudanza, desapareceron os imáns da pizarra magnética. Sospeitamos que o fedello de Frederick pode ter algo que ver. En canto os atopemos levaremos para a casa (estamos desexando) estas fermosuras que elaboramos: imáns con forma de pato (algún con forma de cabaliño de mar, segundo coma o mires... porque as cousas non sempre saen coma queremos e está ben tamén) 😁
ANIVERSARIO DE GAEL
CURSO 2023/2024
Iniciamos un novo ano escolar 2023/2024, sendo o noso último curso de permanencia no 2º ciclo de Educación Infantil, o que quere dicir que para o ano subimos a Primaria. Agardamos que este curso sexa proveitoso e positivo.
IMOS ALÓ! 💪🏼😁