domingo, 9 de junio de 2024

Xornada ao aire libre

Aproveitamos o bo tempo para realizar unha xornada de convivencia ao aire libre: 
- Realizamos obras de arte efímeras con tiza en polvo, auga e pincel. 



- Debuxamos sombras de animais e siluetas. 




- Xogamos con burbullas. 
- Fixemos un obradoiro de pintacaras. 



Semana das Letras Galegas 2024.

 Ademáis de traballar ao redor da figura de Luísa Villalta, escritora homenaxada este ano, asistimos a varias representacións teatrais preparadas polo alumnado de cursos superiores. 






Comezan as Olimpiadas do Quiroga

 Preparamos o inicio das Olimpiadas visionando un video dunha ceremonia inaugural e preparando a bandeira da nosa aula/país á que chamamos "Manolandia". Nela están todas as nosas mans, como dándose unha aperta e coloreámola entre tod@s porque NA NOSA AULA CABEMOS TOD@S. 









Arroz de cores

 Elaboramos arroz de cores para empregalo nos nosos xogos non estruturados e minimundos. 



Traballamos a escritura espontánea

Así quedaron os nosos cómics! Brutais! 





Chegou a Primavera!

 Enchemos de primavera as nosas fiestras con flores de cartolina e elementos naturais que recolleramos un día que fomos de picnic ao parque veciño ao noso centro. 





Aniversarios de Maio

 Laura e Duarte xa teñen 6 anos!!

Parabéns!! 





8M

A nivel de centro conmemoramos o Día da Muller elaborando varios murais de referentes femininos do mundo do deporte. Na nosa aula, concretamente, coñecemos a Susana Rodríguez, atleta paralímpica viguesa que conta cun sobresaínte palmarés na súa carreira deportiva e chegamos á conclusión de que as únicas limitacións están na nosa mente.