Estreamos os antifaces da calma: un obxecto motivador para realizar a rutina da relaxación despois do recreo. Non vos encantan? A nós tamén!
domingo, 1 de enero de 2023
SIMULACRO
A comezos de decembro realizamos, coma todos os anos, un simulacro. Esta vez foi un simulacro de desaloxo das instalacións coas nosas pertenzas. Fixémolo xenial e despois, como premio, aproveitamos para xogar un pouco antes de merendar no parque, posto que o lugar de xuntanza estaba moi pretiño.
viernes, 18 de noviembre de 2022
OBRADOIRO SOBRE CONSUMO RESPONSABLE
Asistimos na Biblioteca de Lolo a un obradoiro sobre consumo responsable centrado nos xoguetes, no que ademáis de aprender a recoñecer elementos nas caixas dos xoguetes que nos indican que son seguros, creamos o noso propio xoguete.
MAGOSTO 2022
O 11 de Novembro, o propio día de San Martiño, celebramos o Magosto na escola con xogos populares e saborosas castañas asadas.
viernes, 11 de noviembre de 2022
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















