O MECO SÚPERLOLO XA TEN
OS MANDADIÑOS LISTOS!
OS MANDADIÑOS LISTOS!
Comezamos un novo ano e facémolo por todo o alto. Menuda sorpresa! Cando chegamos á aula o primeiro día tivemos que indagar, pois había pegadas nevadas e moitos agasallo! Despois de analizar a situación, chegamos á conclusión de que foi Papá Noel quen estivo ná nosa clase e entre tod@s abrimos os agasallos, que están a facer as delicias nos diferentes recunchos...
Despedimos o trimestre e o ano coas badaladas e as "uvas", como manda a tradición!
FELIZ 2023! ❤️❤️❤️❤️
Traballamos a figura do apalpador co conto:
Unha caixa misteriosa chegou á aula cunha chea de fotos, unha árbore de Nadal, un chaveiro, un conto e moitos traballiños. Ademáis, na caixa había teas de araña.
Polo de agora, sabemos que a muller das fotos se chama Louise, é escultora e constrúe arañas xigantes. Pintamos o seu retrato con ceras e acuarelas.