domingo, 3 de octubre de 2021

CELEBRAMOS OS PRIMEIROS ANIVERSARIOS

Despedimos un curso e comezamos outro novo 

celebrando os aniversarios. 

LEIRE, GAEL E LARA 

XA TEÑEN 3 ANOS! Feliz volta ao Sol! 






sábado, 11 de septiembre de 2021

ViSiTA ViRTUAL Ao cENTRo


Déixovos un vídeo co cal podedes facer unha visita virtual aos distintos espazos do centro. Ás titoras houbéranos gustado poder amosárvolos de xeito presencial pero, como xa aclarei na reunión, debido ao Protocolo Covid non puido ser. Podedes atopalo publicado na web do centro, pero déixovolo aquí para que o teñades máis a man.



lunes, 6 de septiembre de 2021

CURSO 2021-2022


Boas familias, eu son Isabel, mestra titora do grupo 3 anos B. Comezamos un curso no que todo vai ser novo: un novo grupo, unha nova aula e novas inquedanzas.
Benvidas e benvidos, estou segura de que será unha etapa chea de experiencias positivas para tod@s.
Nenas e nenos, vós aínda non o sabedes, pero no cole ides atopar grandes amig@s e vivirmos xunt@s aventuras que lembraredes para sempre con grande agarimo. Agárdovos este xoves. Unha apertiña virtual 😉😍