domingo, 25 de septiembre de 2022

BOTELLAS SENSORIAIS DOS NOMES

  Elaboramos as botellas sensoriais dos nosos nomes. Traballamos moito para recortar un arco da vella de papeis de cores, metelos na botella e despois localizar o noso nome e o de 4 compis (tivemos que contar ata 5) e agora a xogar a atopalos e identificalos. Decidimos deixar as botellas abertas para que en calquer momento poidamos introducir máis nomes se o desexamos! Mirade qué concentrad@s estivemos a traballar! 




LUCAS

  Todos os días, antes de ler o conto, o chamamos coas nosas campaíñas. Alicia, a tía de Lucas tróuxolle da India unha campá e Lucas quixo compartila con tod@s nós. Tamén nos mandou unhas fermosas fotos que vimos e comentamos na aula e fixeron as delicias de tod@s. GRAZAS, Lucas!



ESTREAMOS MANTEIS!

 




Benvido curso 2022/23

 Comezamos un novo curso 

e facémolo festexando os primeiros aniversarios! 

ABIGAIL E GAEL

XA TEÑEN 4 ANOS!

PARABÉNS!!




sábado, 25 de junio de 2022

sábado, 18 de junio de 2022

VIVAN AS UNLLAS DE CORES!

 Contamos o conto "Vivan as unllas de cores" 

e pintamos as unllas con esmaltes especiais para crianzas.