miércoles, 18 de marzo de 2020

MiSióNS do DÌa

A pretensión do blogue non é que o alumnado faga xornadas de cinco horas diarias coma se estivese na escola. Nada do que poida propoñervos pode substituír as aprendizaxes que alí se dan. Este blogue pretende darvos apoio e orientación e para nada é obrigatorio facer todas as actividades que vos propoño. Sí vos recomendo realizar cada día algunha delas sen presión, adaptándoas ao ritmo e intereses de cada nen@. 

MiSióN 1:
Eleximos unha letra do abecedario e pensamos en tres palabras que comecen por ela. Buscamos no xornal, revista, folleto de publicidade... as letras, recortamos e pegamos compoñendo as tres palabras. Por último escribímolas debaixo co lápis e repasámolas con lápis de cores ou rotuladores. 


MiSióN 2: 
Lanzamos un dado e nun folio debuxamos os puntos e o número. Facemos unhas cantas tiradas e podemos ir engadindo dificultade empregando dous dados. Axudarnos repasando en voz alta a recta numérica. 


CARLA e JUAN queren saudarvos 😍 e nos amosan as súas xeniais obras de arte 😍





                                       Ilustración: Anatolia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario