Hoxe imos traballar a recta numérica do 1 ao 20 e os trazos 🤞🏽.
MisIóN 1:
ímonos converter en detectives 🕵️♂️🕵🏼♀️ para descubrir qué números fuxiron da nosa ficha, atrapalos e poñelos no seu lugar. Facemos unha cuadrícula e escribimos por orde na cuadrícula os números deixando algúns sen poñer. Unha vez descubertos, trazalos co lápis e repasalos con cores.
MiSiÓn 2:
Imos traballar diferentes trazos repasándoos con pegatinas, con pintura (podemos aplicala cun bastoncillo ou co dediño traballador facendo puntiños), tamén podemos reseguir o trazo facendo puntiños coas ceras ou rotuladores... Unha vez feitos os trazos podemos aproveitalos para xogar cos coches ás carreiras, sempre seguindo os distintos trazos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario