MiSióN 1:
Imos facer un twister!! Seguro que todos coñecedes ese divertido xogo no que temos que ir colocando mans e pés nos círculos de cor que toquen. Pois ben, imos xogar pero non co corpo, senón con tiras de papel que previamente cortaremos coa tesoira ou rasgaremos coas mans. Así que imos debuxar no folio un par de puntos de cada cor ben distribuídos pola folla e despois uniremos os puntos da mesma cor coas tiras de papel.
MiSiÓn 2:
Convídovos a investigar 🕵️♂️🕵🏼♀️ sobre a figura de Ana Margarida Filipe, unha deseñadora e ilustradora portuguesa, máis coñecida como BANANAMARGARIDA.
Este abecedario é obra súa.
Orixinal e creativo, non si? E doado ☝🏽por iso imos coller pola casa todo o que precisemos e imos elaborar a nosa inicial.
MiSión 3: Como sei que vos encanta disfrazarvos imos ver qué podemos atopar por aí... a ver qué se vos ocorre co que teñades pola casa. Non esquenzades mandar fotiño 😄😍 eu penso que vin algo por aí...🤔 Marcho, que teño unha misión!! 🏃🏽♀️😅
No hay comentarios:
Publicar un comentario