MiSióN 1:
Imos debuxar nun folio cinco cousas (tamén podemos recortar as imaxes dunha revista, folleto...). Escribiremos debaixo de cada debuxo ou imaxe o seu nome. Por último, se ao final fixemos debuxos, os colorearemos. As palabras as escribiremos con lápis e as repasaremos cos colores (ceras ou rotus) Non esquenzades poñer a data (o formato da data será: 24-3-2020) e o nome.
Neste traballo probablemente precisemos da axuda dos papás, pronunciando lentamente e de maneira esaxerada as palabras axudando á discriminación auditiva das letras e, unha vez rematada a ficha, transcribindo debaixo de cada palabra, sempre con letras maiúsculas e empregando o mesmo utensilio, neste caso o lápis. Agardo que este exemplo vos aporte luz 😄
MiSióN 2:
Imos afondar nesas novas palabras e imos escribilas con plastilina (con escribir 2 ou 3 será suficiente). Podemos axudarnos das tesoiras para cortar a plasti.
MiSIón 3:
Hoxe imos lembrar o conto “Vivan las uñas de colores”. Lembrades a Juan? aquel neno ao que lle encantaba pintar as uñas de cores?
Pois ben, hoxe é o día!! 💅🏽Imos pintar as uñas de cores, ollo 👁, nós teremos que conseguir pintarllas a alguén. Mirade o bonitas que lle quedaron a Adrián 😍
Unha proposta menos arriscada pode ser trazar a silueta das nosas mans en cartón, recortalas e pintarlle as uñas. Vos imaxinades? poderiades pintalas de cores distintas cantas veces queirades!! 😁
No hay comentarios:
Publicar un comentario