lunes, 16 de marzo de 2020

TODO VAI SAIR BEN

                            Ilustración: Manuela Molina

Para comezar pídovos como actividade que vos unades a unha iniciativa moi molona que ven de Italia. Quizáis xa a coñezades posto que está a circular polas RR.SS. #desdemiventana #todosaldrábien #spainraimbow é unha iniciativa que propón debuxar  e colorear un arco da vella (en papel formato A3 mínimo) e pegar as nosas creacións nos cristais das fiestras de modo que se @s nen@s ollan pola fiestra poidan ver os debuxos de outr@s nen@s e sentirse máis acompañad@s. 
Cando todo isto remate, porque o sol sempre sempre volta a sair despois da treboada, pídovos que traiades as vosas realizacións ao cole, no cal as poremos nun espazo e lembraremos a importancia de tomar medidas de prevención. 

“Moita xente pequena,
en lugares pequenos,
facendo cousas pequenas...
poden salvar o mundo”
               Eduardo Galeano



No hay comentarios:

Publicar un comentario