jueves, 9 de abril de 2020

EduCaciÓn PosTUraL

Algunhas familias pregúntanme pola dificultade que teñen para acadar que o/a nen@ se sente ben para facer as tarefas, comer... Temos que ensinarlles a sentarse ben, a adquirir unha boa postura cos pés apoiados no chan e o lombo completamente apoiado no respaldo. Unha axudiña é poñer unha pequena pegatina para que cando senten a “escondan”, asegurándonos así de que a postura é a correcta 👌🏽. Para motivalos, dicirlles que así os traballiños saen mellor 😁 e que estamos a coidar o noso lombo para que cando sexamos velliños non teñamos problemas nin dores. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario