Boas familias, agardo que tod@s esteades ben de saúde e de ánimo.
Lémbrovos que durante este período “vacacional” podedes acceder ás actividades que o equipo de infantil fomos subindo á aula virtual do centro (podedes atopar actividades, contos, enlaces...) e ao blogue da miña compañeira de nivel, a profe María,
(nel podedes atopar actividades lúdicas e motivadoras diferentes para estes días) tedes un enlace na páxina principal do noso blogue. Pensade que tamén lles resultará motivador saber d@s nen@s da outra clase que tamén son compañeir@s e amig@s.
Como vedes, sigo subindo as fotos e os videos d@s nen@s que me ides enviando e engadindo seccións ao blogue, polo que podedes dar unha voltiña diaria para ver se as novidades. Tamén podedes repetir algunha actividade que lles gustara especialmente.
Buscando o lado positivo, cando voltemos ás misións o martes 14 (podedes sinalar este día no calendario) agardo que as collan con máis ganas aínda.
Lembrade, para acceder á aula virtual do centro entrar na páxina web do centro e clicar na pestaña AULA VIRTUAL, unha vez dentro aparecerá a seguinte pantalla e accededes como CONVIDADO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario