Hoxe a nosa gran misión vai ser pensar nas fórmulas coas que comezamos e rematamos os contos, esas que se repiten en máis de un (“Había unha vez...”, “e viviron felices e comeron perdices”) e nas cancións, refráns ou ditos que se din antes de comezar ou cando xa rematamos. Déixovos exemplos:
A profe Mari sempre, sempre, cando ides á biblioteca de Lolo a ler un conto, antes de comezar canta esta canción:
E a profe Isa sempre remata os contos dicindo aquelo de :
E COLORÍN COLORADO, O CONTO ESTÁ REMATADO
E AO QUE QUEDE SENTADO...QUÉDALLE O CU PEGADO!!
Imos pensar e escoller a que máis nos guste e imos facer un cartel: escribímola e decoramos o cartel ao noso gusto (pintando, con pegatinas, pegando papeis a modo colaxe...).
Vai ser emocionante decorar o noso recuncho de biblio con eles cando voltemos ao cole 🤗
No hay comentarios:
Publicar un comentario