Imos facer un experimento: temos que debuxar e recortar uns nenúfares de papel.
Lembrade que os nenúfares ou flores de loto son flores de grande beleza capaces de medrar e sobrevivir en entornos e circunstancias adversas; deste xeito, simbolizan procesos vitais nos que os seres humanos aprendemos a medrar nas dificultades. Como curiosidade contarvos que esta flor está moi ligada á cultura budista, pois conta a lenda que cando o pequeno Buda deu os seus primeiros pasos cada vez que pisaba o chan, agromaba un nenúfar.
Unha vez teñamos os nenúfares recortados, imos pechar os seus pétalos (dobramos todos cara o mesmo lado) e imos pousalos nun recipiente con auga. Que é o que vai acontecer? quén sabe explicalo?
Unha vez rematado o experimento, imos escribir unha listaxe coas cousas que precisamos para facelo e facemos tamén un debuxo para ilustralo.
Misión 2:
Somos nenúfares. Descubrimos a asana (postura de ioga) da flor de loto. Facendo a postura pechar os ollos e concentrarse na respiración (tomamos aire polo nariz e expulsamos pola boca). Podemos acompañarnos de música relaxante.
“Podrán cortar todas las flores,
pero jamás podrán detener la primavera”
Pablo Neruda




No hay comentarios:
Publicar un comentario