lunes, 13 de abril de 2020

O eXperiMEntO De AdriÁn

Adrián e a súa familia tráennos un experimento que require de moita paciencia: trátase do crecemento dunha planta de aguacate. 
O proceso comeza poñendo a semente (o óso do aguacate) en auga, de xeito que a parte redonda (a que marca a unión do froito coa árbore), quede cara abaixo e permanentemente cuberta de auga, a cal debe cambiarse aproximadamente cada 5 días. Tras varios meses, un día decidiráse a romper e sairá a raíz cara abaixo e o tronco cara arriba. A partir de aí o crecemento apréciase case de forma cotiá.


Adrián e a sea familia deixárono en auga o máximo tempo posible para ver cómo ía progresando, pero chegou o momento de pasalo a unha maceta, que improvisaron reciclando unha botella de auga. Xenial!!👏👏


Animádevos a facelo!! 
E lembrade: "Unha persoa paciente é unha persoa sabia"😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario