lunes, 4 de mayo de 2020

MisiÓns DO luNs

Misión 1: 
Vouvos presentar a un artista, James Brunt. Trátase dun artista do LANDART, que ven sendo algo así como facer arte na natureza con obxectos da natureza. Trátase de obras de arte espontáneas, que se fan no momento cos elementos que alí atopan e efímeras, pois quedan expostas ao vento, á chuvia... Seguro que vós, sen sabelo, tedes feito algunha obra de LandArt algunha vez. 
Esta é unha obra de James:


É unha MANDALA. Sabedes que “mandala” é unha palabra do sánscrito? unha lingua que existiu hai moitos anos pero que xa non existe porque ninguén a fala. Mandala significa círculo. Convídovos a crear as vosas propias mandalas cos tesouriños que recollestes nos vosos paseos ou con obxectos que teñades pola casa. 





Misión 2:
Este curso no cole non celebramos os maios, porque é unha festa que nos pilla un pouco lonxe, no noso concello non está instaurada pero iso non nos ten que impedir celebrar a chegada do mes das flores e por iso imos elaborar o noso ATRAPAFRORES. Con eses elementos que recollestes nos vosos “novos” paseos . Déixovos unha foto pra que vexades cómo se fan. Precisamos paos, fío, cordel ou lá de cores e flores e ramiñas. A encher a casa de primavera que xa toca!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario