MisiÓn 1: E para rematar a Semana das Letras e agora que xa tedes dominada a canción “Tengo una hormiguita” imos xogar como facemos no cole; todos os días na asemblea escollemos unha palabra para que sexa a contrasinal do día e vemos cantas palmaditas ten, a qué clube pertence... e as vogais☝🏽 e xogamos a dicir esa palabra co A, co E... e así sucesivamente con todas as vogais.
Imos buscar palabras (poden ser as do voso bote de palabras bonitas) e imos escribilas nun folio. Ao carón imos escribir esa mesma palabra pero substituíndo as vogais. Por exemplo: a min ocórreseme a palabra “PAPÁ”. Escribiríamos PAPÁ e despois escribiríamos:
PAPA - PEPE - PIPI - POPO - PUPU
A medida que imos escribindo e lendo o que escribimos pensaremos si esa palabra que nos sae existe, significa algo, ou tan só é unha palabra inventada. Aproveitamos tamén para comprobar que polo feito de cambiar as vogais o número de letras non varía, nin o de palmadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario