miércoles, 3 de junio de 2020

ACtiviDaDes nA NatUreZa

Estimadas familias, nenos e nenas:
Comenzamos o mes de Xuño inmersos nunha nova fase de desescalada que permite, entre outras cousas, saídas sen franxas horarias nun momento do curso escolar no cal, en circunstancias normais e máis nas que estamos a vivir, comézase a notar un normal e previsible cansancio do alumnado. Nalgúns casos tanto pais como nais incorpóranse as seus postos de traballo de forma presencial e todo isto, lóxicamente, está a dificultar a realización de moitas das actividades propostas no blogue. 
Como ben sabedes este blog naceu da necesidade de dar resposta ás familias que precisaban dunha pequena axuda á hora de manter unhas pequenas rutinas no momento de confinamento, pero chegando a este punto, no que xa se pode saír máis libremente á rúa, é preciso recuperar o tempo perdido e desfrutar do espacio exterior, na rúa, no campo, no bosque, na praia...
Por todo isto e despois de comentar e intercambiar opinións coa miña compañeira de nivel que foi quen impulsou esta idea, chego convencida á conclusión de que o mellor é, a partir de agora e ata fin de curso, deixarvos propostas semanais de actividades no exterior para quen queira facer uso delas.
Por suposto seguimos sendo o voso apoio e podedes, como ata agora, seguir mandando fotos e vídeos que seguiremos subindo aos blogues. 
Desfrutade desta nova fase!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario