domingo, 21 de junio de 2020


“Cada segundo de vida es un momento nuevo y único en el universo, un momento que nunca se repetirá. Y qué les enseñamos a nuestros hijos? Deberíamos decirles a cada uno de ellos: eres una maravilla, eres único, en todos los años que han pasado no ha habido otro niño como tú”

Pablo Picasso



Remata un curso atípico que nos deixa a sensación de tempo roubado.
Un curso no que aprendín máis ca nunca de vós,
no cal me ensinastes unha vez máis que non se precisan grandes cousas para ser felices
e que todos podemos ser heroes e heroínas.
O fin de curso sempre soa a cancións, a risas nervosas e a clase alborotada,
ule a calor no patio, a carreiras, a mans sudadas e a días longos,
sabe á auga da fonte, á froita da merenda e á aperta de despedida...
Este fin de curso foi diferente para tod@s pero sei que co paso do tempo só lembraremos o bo,
lembraremos ese ratiño que pasamos xunt@s
para dicirnos o que nos botábamos de menos e as gañas que tiñamos de voltar,
para dicirnos ata pronto aínda que fora saudando dende lonxe e bicarnos coas olladas,
puxemos a alma nese intre e non hai unión máis bonita,
foi un “xa queda menos” sabendo que haberá máis de todo iso que nos fai felices,
que o imos poder desfrutar xuntos e vai ser xenial porque nós (nen@s, familias e mestr@s)
imos facer que o sexa.
GRAZAS, non deixedes nunca de celebrar a vida.
Nenas e nenos, sodes SUPER!

                                                                                                Isa

1 comentario:

  1. Precioso vídeo Isabel. Un enorme aplauso para todos eles i elas. Desfrutade moito do verán e... VÉMONOS NA CLASE DE 5 ANOS.
    Saúdiños da profe María.

    ResponderEliminar